Miradoiro e cruceiro dos Carrís | GALICIA MÁXICA



Un pouco máis adiante vindo desde Cedeira do miradoiro de Chao do Monte atópase este emprazamento situado a 425 m sobre o nivel do mar. É o miradoiro e cruceiro dos Carrís. Neste lugar converxen os camiños dos peregrinos que viaxan ata San Andrés de Teixido, provenientes de Cedeira e os de Reboredo. A partir de aquí tan só queda a baixada ata o santuario, que é perfectamente visible desde este punto.



Aquí levántase un bonito cruceiro de pedra do século XIX feito por un discípulo do famoso canteiro de Moeche Antonio Rodríguez. Xusto á beira do cruceiro atópase un miradoiro ao que se ascende por unha rampla acondicionada e onde poderemos descansar do noso viaxes nunha pequena área recreativa. Gozaremos de vistas da enseada de San  Andrés. Cara ao outro lado tamén poderemos ver parte da ría de Cedeira. Tamén veremos un par de milladoiros. (Cheas de pedras que depositan os peregrinos).





(Máis fotos aquí)


Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Pozo do Arco, fervenzas e muíños | GALICIA MÁXICA

Cruceiros de Galicia

Sorpresa! Un neveiro recuperado