Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2019

O Pozo do Arco, fervenzas e muíños | GALICIA MÁXICA

Imaxe
No concello de Oia, na parroquia de Burgueira existe un fermoso recuncho da Serra da Groba formado polo río Tamuxe. Trátase da área coñecida como O Pozo de Arco e que está formada por un carreiro con pasarelas de madeira e unha ponte, varios muíños e unha magnífica fervenza, ademais das pozas formadas neste estreito e rochoso tramo de río. Outro lugar que sería unha marabilla se conservase algo do seu bosque autóctono.



O río Tamuxe
O río Tamuxe, ás veces denominado tamén como Carballas nace en Oia e fórmase recibindo a auga de varios pequenos regatos como o de Vilachán ou o de Margaridas que nacen entre A Serra da Groba e as estribacións ao norte da Serra doArgalo. Logo discorre encaixado por este municipio formando paraxes fabulosas como as Pozas de Loureza. Despois atravesa as parroquias do Rosal de Santa Mariña do Rosal e San Miguel de Tabagón onde desemboca no río Miño.

Miradoiro de Teixidelo e cruceiro do Curutelo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O miradoiro de Teixidelo é outro fantástico punto panorámico que conforma a denominada Ruta dos Miradoiros de San Andrés de Teixido.

Na parroquia de  Régoa e sobre un alto de 337 m sobre o nivel do mar levántase un cruceiro que ás veces é denominado Cruceiro do Curutelo. Aproveitando este montículo e a situación do cruceiro no máis alto habilitouse un miradoiro ao que se accede por unhas escaleiras.

Desde alí contemplaremos parte da costa da Serra da Capelada, a enseada de San Andrés de Teixido e os cantís do Monte Tarroiba.

O  cruceiro de cruz latina ten unha inscrición na súa base que nos di que foi realizado polo padroado de Teixido e o ano da súa construción, o cal non chegamos a ler.

Antes de subir existe unha placa sobre unha roca dedicada ao actor Leslie  Howard (1893-1943) quen nun voo de diplomático para unha entrevista co ditador de España para pedir que o país non entrase no conflito mundial, foi derrubado polos avións da Luftwaffe alemán fronte a estas costas. Así mesmo na …

Miradoiro e cruceiro dos Carrís | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Un pouco máis adiante vindo desde Cedeira do miradoiro de Chao do Monte atópase este emprazamento situado a 425 m sobre o nivel do mar. É o miradoiro e cruceiro dos Carrís. Neste lugar converxen os camiños dos peregrinos que viaxan ata San Andrés de Teixido, provenientes de Cedeira e os de Reboredo. A partir de aquí tan só queda a baixada ata o santuario, que é perfectamente visible desde este punto.



Aquí levántase un bonito cruceiro de pedra do século XIX feito por un discípulo do famoso canteiro de Moeche Antonio Rodríguez. Xusto á beira do cruceiro atópase un miradoiro ao que se ascende por unha rampla acondicionada e onde poderemos descansar do noso viaxes nunha pequena área recreativa. Gozaremos de vistas da enseada de San  Andrés. Cara ao outro lado tamén poderemos ver parte da ría de Cedeira. Tamén veremos un par de milladoiros. (Cheas de pedras que depositan os peregrinos).





(Máis fotos aquí)
Localización - Mapa

Castro de Punta Sarridal e sauna castrexa | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Punta Sarridal é unha pequena península rochosa que penetra no mar e que se atopa rodeada por cantís de case cincuenta metros de altura. O lugar denominado tamén Campo do Castro xa nos da unha idea da existencia dun poboado castrexo sobre esta punta. Con todo pasou desapercibido ata o ano 2017 onde pasa da historia da arqueoloxía e adquire gran importancia polo descubrimento dunha sauna castrexa, Monumento con Forno, a veces denominadas como Pedras Formosas. A súa importancia reside en que foi a quinta localizada en Galicia e sobre todo que é a máis antiga de Galicia, arroxando unha datación polo C-14 duns 2250 anos, ao redor do ano 230 a. C.



A súa escavación promovida polo Concello de Cedeira e dirixida por Emilio Ramil comezou en abril de 2017 con catro catas que deixaron aos descuberto fragmentos de louza e a localización de muros primitivos. Ao final do ano, en decembro, foi localizada a sauna. En 2018 consolidouse o xacemento e agora está pendente de intervencións futuras. Entre …

Ponte da Area | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O pequeno Rego Murela nace a 397 metros moi  cerquita de Chan de Lodeiro, lugar de enterramento  megalítico. O seu escasos tres quilómetros de percorrido lévano ata a súa desembocadura na praia de  Basteira, xa en Cariño.


Non fai tanto que este pequeno río desembocaba libre na mesma praia de Basteira. A construción de novas infraestruturas urbanas e do peirao provocaron que o río fose soterrado en parte e canalizado na súa desembocadura. No lugar de  Sabrón e xusto antes de "desaparecer" existen os restos dunha pequena ponte de pedra xa centenaria da que só queda o arco. É o chamado Ponte da Area, seguramente denominado así pola proximidade dos areais que outrora tan só era duns poucos metros.


O lugar está moi presionado urbanisticamente e a ponte presenta un gran estado de abandono aínda sendo un ben catalogado dentro do patrimonio de Cariño. A pesar de ser denominado como "Ponte Romana" sobre a súa cronoloxía pouco sabemos aínda que nos comentan que podería ser u…