40.000 m2 de autóctonas en Santa Trega


Quen coñeza o MonteSanta  Trega, na Guarda, seguramente saberá que é un espazo único non só no Baixo Miño senón en toda Galicia. Ao seu emprazamento privilexiado xeograficamente súmaselle a dilatada historia arqueolóxica deste lugar. Desde o alto gozaremos dunhas das mellores vistas de toda Galicia co Miño ofrecendo as súas augas ao océano. Portugal, a vila da Guarda e todo o val do Miño desde Crecente ata a súa desembocadura poderá ser observado desde aquí. Ademais as postas de sol sobre o océano son verdadeiramente sobre acolledoras.
A todo isto como dicimos sumámoslle o seu interese arqueolóxico cunha das citanias máis grandes e máis escavadas do noroeste peninsular creando como dixemos un espazo único de gran valor e potencial turístico.
Por iso debe ser tratado como tal, respectando e conservando o que este magnífico monte ofrece ao municipio da Guarda.
Isto ben o saben na Comunidade de Montes da Guarda quenes propuxéronse repoboar parte deste emblemático espazo con especies autóctonas como o carballo ou o castiñeiro, que ao cabo aumentarán sen dúbida o valor do lugar. De momento serán 40.000 metros cadrados destas especies que substituirán os eucaliptos e acacias que durante a tempada pasada foron cortados. En total será 1300 árbores.
O proxecto está subvencionado pola deputación con 18.000 euros e polo  concello que achegará 3.000.
 Imaxinádevos o que se podería facer con vontade cuns poucos euros máis xa que ás veces concéntranse centos de miles en proxectos únicos e ás veces non tan necesarios como a conservación da natureza e os espazos históricos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Cruceiros de Galicia

O Pozo do Arco, fervenzas e muíños | GALICIA MÁXICA