Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Imaxe
Grata sorpresa a que nos levamos ao ir visitar de novo os restos do "Neveiro dos Frades", tamén coñecido como da Franqueira e propiedade na súa antigüidade dos monxes deste próximo mosteiro. Hai tempo soubemos da súa existencia e decidímonos ir atopar os seus restos. Non foi fácil, pois non aparecía nos mapas e por suposto non estaba sinalizado, pois non eran moitos os que coñecesen a súa existencia. Grazas a lectura especializada, á intuición e sobre todo ao "ditoso" Google Earth puidemos localizar os seus restos case imperceptibles daquela sobre o mapa.


Era sabido que os seus restos non poderían estar en bo estado pero aínda así a decepción foi grande, pois non entendiamos como un elemento patrimonial de case 500 anos puidese estar en semellante esquecemento. As filtracións de auga provocaran esborralles nos seus muros e os incendios arrastraron gran cantidade de desfeitos cara a dentro como ramas e árbores.

Este fin de semana propuxémonos volver visitalo e a so…

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Imaxe
Galicia xa ten a súa particular lista de praias e portos con "bandeiras azuis" do ano 2018. Este ano sitúase como a segunda comunidade autónoma con máis praias con este distinguido galardón por detrás da Comunidade Valenciana. En total das 590 bandeiras do territorio nacional serán 109 praias e 15 portos deportivos os obtidos por Galicia. Por provincias, Pontevedra obtén 55 bandeiras entre as que destaca unha única praia fluvial, a da Calzada en Ponte Caldelas. A Coruña obtén 40 e Lugo 14 galardóns. En contra a provincia de Ourense non obtén ningunha bandeira azul para ningunha das súas praias fluviais.


 Respecto o ano pasado pérdense catro distintivos que son Langosteira, en Fisterra; A Ribeira, en Miño; Morouzos, en Ortigueira; Bares e Esteiro, en Mañón.

Aquí os deixamos o listado completo das praias de Galicia con Bandeira Azul para o ano 2018: PONTEVEDRA:A Guarda O MuíñoArea GrandeBaiona Os FradesA Barbeira AConcheiraA RiveiraSanta MartaNigrán Praia AméricaPanxónPatosV…