Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA

Laxe localízase no lado sur da Ría de Corme e Laxe, practicamente na bocana desta. O núcleo principal da vila atópase ao abrigo dunha gran enseada e é alí onde se asenta o gran areal de area fina e branca de 1,4 km de anchura. Playa de Laxe Playa de Laxe
O pequeno Rego de San Amedio desemboca na praia, non sen antes formar un humidal denominado As Brañas Mouras. Ademais a praia conta cun complexo dunar natural.A pesar de poder considerarse unha praia urbana pola proximidade do centro urbano, as súas grandes dimensións e a súa beleza natural fan desta praia un lugar ideal e paradisiaco. Dunas Dunas
Conta cun paseo, aparcadoiros, parques infantís, acceso a minusválidos, vixilancia, duchas, posto de socorro e todos os elementos propios deste tipo de praias que lle valeron para gañarse o distintivo de bandeira azul ano tras ano.Paseo de Laxe Paseo de Laxe

Máis fotos aquí


MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Pozo do Arco, fervenzas e muíños | GALICIA MÁXICA

Castro de Punta Sarridal e sauna castrexa | GALICIA MÁXICA

Regueiro de Ponte Piñeiro | GALICIA MÁXICA