Muíños de Samieira | GALICIA MÁXICA

O río de Freiría, tamén coñecido como Rego dos Muíños, discorre pola parroquia de Samieira, en Poio. O seu curso por Samieira empeza no Foxo das Vacas e acaba na praia de Laño (ou de Samieira). Contan que o seu nome podería vir de "frade" xa que no nacemento dise que existiu algún tipo de construción ligado a un frade. Sobre o seu curso existen ata vinte e tres muíños de auga que foron unidos por unha fantástica ruta etnográfica de 5,5 km que discorre pola beira deste río. Moitos deles atópanse reconstruídos no seu exterior e dous deles ata posúen a maquinaria para o seu funcionamento.Pasarelas, pontes, mesas, bancos e ata puntos de iluminación adornan esta ruta que na nosa visita presentaba un gran mantemento.
Un bo punto para comezar é na Praza de Alfredo Romay Bicada xa que existe un bo aparcadoiro. Desde alí poderemos ir senda abaixo durante uns 200 metros ata a Fonte das Mulleres ou mellor cruzar a estrada que existe sobre unha ponte centenaria e seguir senda arriba para visitar a maior parte do percorrido.Cara abaixo hai dúas cavidades na canle (Oco das Campás) na que a tradición conta que alí se facían campás de bronce e estaño. Por este lado a senda remata na fonte mencionada anteriormente á que se chega por unha ponte de madeira. É posible seguir cara á praia de Laño pero o carreiro non está acondicionado.Río arriba desde a praza gozaremos dos muíños, pequenas fervenzas, presas, canles, un lavadoiro e áreas recreativas. Nome dos muíños de arriba a abajo: Arriba, Santiaguiño, Carballos, Cabanales, Campelo, Xirome, da Ponte, Novo, Catalina, Correa, Teselán, Cabezudo, Suárez,  10?, 9?, Espiga, Balboa, Barreiro, Loriña, Cego, Portas, Cancela y Cubo de Abaixo.

Máis fotos aquí


MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA