Publicacións

Mostrando publicacións desta data: December, 2017

Ruínas da Capela de Sta. Ana o da Quinta do Fojo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Ao percorrer a estrada de Tarouba (topónimo de orixe prerromano), na freguesía de Cerdal (Valença do Minho) atopámonos os restos dunha capela que parecía probablemente barroca.
Á beira de esta existe unha explotación agraria na que pola súa edificación en forma de "L" e pola súa porta de entrada presumiblemente parecía os restos dun antigo pazo. E así o confirmamos despois. Trátase do pazo Quinta do Fojo aínda que deste moi pouco pódese apreciar xa, pois como dixemos na actualidade existe no seu interior unha explotación de gando.
Trátase dunha capela rectangular do século XVI e coñécese como Capela da Quinta do Fojo ou Capela de Santa Ana. Sobresae o seu gran brasón familiar sobre a porta alintelada da fachada principal. O gran lintel tamén está decorado con dúas flores de lis e unha cruz similar á trebolada con varios motivos fitomorfos.
Toda a capela está construída cunha rústica cachotería agás na fachada que conta con perpiaños de boa labra. Isto podería indicarnos que …

Sendeiro dos Pescadores Río Miño, Arbo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
En Arbo existe unha fermosa ruta que discorre a beiras do Miño e que percorre parte do seu interesante e xa histórico patrimonio pesqueiro e da que ademais poderemos gozar da marabillosa contorna natural de ambas as beiras. Un lugar que outrora concentrou unha gran cantidade de pesqueiras das que aínda poderemos ver algunhas delas.



A ruta parte desde a praia fluvial, xunto á ponte internacional que une Arbo con Melgaço (O Peso-Paderne, Portugal), que antigamente estaba unida cun paso en barca coñecido como A Barca Vella e que formaba a fronteira histórica de San Marcos. Alí mesmo atoparemos a maxestuosa Pesqueira dos Cregos, formada por catro poios e catro bocas (unha delas coñecida como Pillagatos) e dous rabos unidos. Desde as súas pedras pescábase co viturón e as masouras diferentes especies entre as que destaca a famosa lamprea.
O seu nome lembra aos tempos en que este tipo de pesqueiras pertencían aos mosteiros e cenobios dos arredores e cuxos monxes tiñan o privilexio do seu uso.…

Pedrafita - Marco da Anta | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Cotobade, agora Cerdedo-Cotobade, alberga multitude de restos e vestixios dunha época moi remota , como poden ser mámoas, petróglifos ou castros. A súa variedade patrimonial é tan grande que poucos municipios teñen a sorte de contar nas súas terras con tantos bens e iso sen contar a súa espectacular variedade patrimonial de épocas máis recentes como posibles restos romanos, medievais, pazos, muíños, pontes, pontellas, etc...



O caso que nos ocupa é unha posible pedrafita, pedra fincada, aínda que a súa orixe non é moi certa. Localízase e fai de marco divisorio das parroquias de Santa María de Sacos e San Miguel de Carballedo, nun lugar de Monte Arcela, moi preto de Trabazo, nun antigo paso que unía os vales do Lérez e o Almofrei.



Cando pasamos por este lugar detivémonos inmediatamente xa que esta pedra chamounos poderosamente a atención. Non dispoñiamos de información para poder especular sobre se era un posible menhir, aínda que as cruces gravadas, a base da cruz e a util…

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Escondido e abandonado a beiras do río Tea se mal conservan os restos dun gran muíño que nun pasado non moi afastado debeu ter unha gran actividade e trasfega. Localízase na parroquia de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra de Miño, a escasos metros do límite municipal divisorio de Ponteareas.

Como moitos lugares localizámolo por casualidade, percorrendo a senda do río Tea que une Ponteareas con Salvaterra de Miño. Non localizamos ningunha información sobre el nin no momento a ninguén que nos achegase algunha aclaración, polo que pedimos que se alguén nos puidese achegar datos serían recibidos con gran satisfacción. Nin sequera sabemos o seu nome e por iso decidimos chamalo Muíño de Rañe pola súa localización a uns metros deste lugar da parroquia. A única nota é unha mención á derruida "acea" (presa) que vimos nomeada como "presa das Laxes".



Trátase dun gran edificio con aparencia de ter varias épocas construtivas. Desde unha basta cachotería de grandes pedras, pasand…