Monte de San Pedro | GALICIA MÁXICA

Batería de costa C-8 - Batería do Monte de San Pedro


Outro dos numerosos puntos defensivos estratéxicos militares de Galicia foi o Monte de San Pedro, situado moi preto da cidade da Coruña. Neste monte sobre a costa de 139 metros de altura mantívose activo un cuartel militar de principios de século destinado á defensa do Golfo Ártabro ata os anos 70 do século XX.



O punto defensivo estaba provisto de dous xigantescos canóns modelo Vickers Armstrong construídos no ano 1928 cuxo alcance roldaba os 40 quilómetros e a súa munición pesaba máis de 800 quilos. Aínda así, os seus 17 metros de lonxitude e a súa calibre de 381 mm non impedían unha frecuencia dun disparo por minuto. Estes canóns foron construídos por Barrow-in-Furness en Inglaterra e trasladados por mar ata o porto da Coruña. Unha vez alí non houbo máis remedio que usar un sistema de raíles desmontables e a unha velocidade de 200 metros por día levalos ata a cima do monte.



A parte destas dúas pezas de artillería o cuartel posuía búnkeres e os edificios clásicos neste tipo de emprazamentos, como o edificio de telemetría.

Por sorte, este sistema defensivo nunca entrou en batalla e os únicos 23 disparos foron a modo de proba. O último disparo efectuouse no ano 1977.



Despois do seu abandono o recinto entra en decadencia ata que no ano 1995 os terreos son cedidos ao concello e pouco tempo despois a zona sufriu unha gran transformación para formar un dos parques máis grandes da Coruña cunha extensión de 78.339 m2.



A zona foi adecuada e as ruínas militares restauradas para que hoxe poidan ser visitables.

Para iso instaláronse estanques, mesas, parques infantís, un establecemento hostaleiro, aparcadoiros e todo o necesario nun parque de recreo.



No máis alto levantouse o edificio-miradoiro denominado "Cúpula Atlántica - Miradoiro de San Pedro" na cal no seu interior poderemos ver a cuberto unhas impresionantes vistas da Coruña e da bocana das rías que forman o Golfo Ártabro. Ademais das vistas o interior alberga diversas exposicións e o Centro de Interpretación da Batería de costa do Monte San Pedro.



 



Na ladeira norte da montaña foi instalado un ascensor panorámico que desde o nivel do mar levaranos ata o alto.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA