Igrexa de Nossa Senhora da Assunção | GALICIA MÁXICA

União das freguesias de Caminha (Matriz) e Vilarelho

A igrexa parroquial de Caminha tamén coñecida como Igreja de Nossa Senhora da Assunção ou Igreja Matriz sitúase moi preto das beiras do Río Miño embebida actualmente polas murallas do século XVII da vila.


Trátase dun templo de transición entre o gótico e o renacemento con transformacións barrocas. Englóbase nas igrexas manuelinas de tres naves con cobertura de madeira e cabeceira abovedada. Segue o esquema das igrexas mendicantes do gótico portugués. O elaborado teito de carpintaria, mudéjar, de "par e nó" e manuelino. Os azulexos son de finais do XVII e os retablos de talla dourada son de estilo nacional.



A Capela do Rosário ten unha representación da Árbore de Jessé, con ramaxes diagonais asimétricas, figuras baixas e raíces de gran realismo. Os confesionarios tamén son manuelinos.



Iníciase a súa construción no ano 1428, celebrándose a primeira misa en 1488. Con todo non se finalizaría ata uns anos despois, xa no seguinte século.
A igrexa está recoñecida como Monumento Nacional, Decreto de 16-06-1910, DG n.º 136 de 23 junho 1910.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA