Ermida de Santo Antão | GALICIA MÁXICA

A 373 metros sobre o nivel do mar localízase a Capela de Santo Antão, en Caminha. Todo o monte é un fantástico miradoiro para observar a desembocadura do río Miño, así como o Monte de Santa Trega, a Foz do Minho e o Pinhal do Camarido.



Trátase dunha capela rectangular de dous corpos con sancristía encostada cuxa historia se dilata ata o século XVII. A súa fachada ábrese cunha gran porta mediante arco de medio punto por baixo dun pórtico rectangular cuberto de tella, do mesmo xeito que o resto da capela.



A súa localización aquí débese aos restos arqueolóxicos existentes nos arredores, como mámoas, petróglifos e muíños de man. Os restos da mámoa son perfectamente visibles xunto a unha mesa de pedra e xunto ao vertedoiro.



Un sinxelo cruceiro preside a rotonda de entrada á cima onde está a capela.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é