Telescopio do Monte Coirego e Campo da Poza | GALICIA MÁXICA

Carballedo


O Monte Coirego inclúe unha serie de lomas que se levantan máis de 700 metros de altura sobre o nivel do mar. A súa situación afastado da costa e lonxe de grandes núcleos urbanos fano un lugar inmellorable para a observación das estrelas e para achegarse e estar en comuñón co universo.



A Asociación Astronómica Sirio impulsou un proxecto para a construción dun observatorio astronómico neste lugar no 2008. Para iso contaron co apoio da Asociación Cultural e Medioambiental Canón de Pau e grazas á cesión do terreo por parte da Asociación de Montes de Carballedo por 25 anos e o financiamento de Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 o proxecto fíxose realidade.



Para iso construíse un habitáculo cadrado cunha cúpula de catro metros nun lugar denominado Campo da Poza. Dentro instalouse un telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro e uns prismáticos xigantes así como diversos equipos informáticos. A construción foi deseñada polos arquitectos César e Magdalena Portela.



No observatorio realízanse diversas actividades ao longo do ano que gestiona a Asociación Sirio antes nomeada.

O telescopio do Monte Coirego é dos poucos instalados en Galicia e por iso debemos tratalo dun xeito especial. Ademais do de Cotobade temos en Lalín, Forcarei e na USC.



Unha pequena lagoa estacional a escasos metros do telescopio dá nome ao lugar do Campo da Poza.

Non debemos perdernos as grandiosas vistas que obteremos desde os puntos máis altos do lugar e tampouco da lenda da Coirega, a "moura" que garda o tesouro deste monte.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA