Encoro de Edrada | GALICIA MÁXICA

O encoro de Edrada atópase na conca do río Mao e construíuse en 1978 completando a rede de encoros desta.



A súa presa de gravidade ten unha altura dos seus cimentos de 37 m e unha lonxitude total de coroación 345 metros alagando 42.5 km2 de val que comprende os concellos de Montederramo e Parada de Sil. A súa capacidade é de 10,49 hectómetros cúbicos. Para a construción da presa precisáronse 43.000 metros cúbicos de formigón.



Trátase dunha presa de regulación que capta as augas de diversos arroios como o mesmo Edrada, o Reconco, Rodicio e algún outro regato máis.

Moi preto deste localízase o encoro de Leboreiro e augas abaixo a pequena presa de Ivil.



A mesma presa está creada para o paso de vehículos dunha beira a outra e é na zona de Pradomao onde existe unha praia fluvial.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é