Azud de Vill | GALICIA MÁXICA

Azud de Ivil


Sorprendentemente un gran sinal de Gas Natural indica que estamos no Azud de Vill, nome que non entendemos moi ben e que supoñemos que se trata dunha errata aínda que con todo nos arquivos de Unión Fenosa denomínase así. O máis parecido a este nome é a aldea de Ivil que está moi cerquita.

Durante a ditadura Unión Fenosa recibiu unha concesión para a explotación hidroeléctrica por cen anos da conca do Mao. Así construíu dous encoros e varias centrais na citada conca. O primeiro foi o encoro de Leboreiro, situado 1,5 km río arriba. Despois en 1978 acabouse o dos seus afluentes na zona de Edrada.



Aquí en Ivil (Pradomao), entre os concellos de Parada de Sil e Montederramo existe un pequeno azud cuxa construción se remonta ao ano 1925. Durante a construción do de Leboreiro, concretamente no ano 1947, adecuouse a vella presa para a captación mediante unha canle de máis de 4 km que levaría as augas ata as turbinas da central eléctrica de Regueiro, a beiras do Sil. A canle adoptou o nome de "canle novo". Debemos saber que o "canle vella" que conducía as augas ata a antiga Fábrica da Luz era captada por unha vella presa río abaixo.



Xunto ao azud localízase a central de Leboreiro que conta cunha canalización desde o encoro do mesmo nome.

Ten unha capacidade de 0.10 hm3 e o tipo de presa é por gravidade.

Uns metros máis abaixo temos a ponte medieval de Conceliños.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é