Viveiro de Pazos e área recreativa | GALICIA MÁXICA

A principios do século XX existía unha demanda moi grande de madeiras para os serradoiros de toda Galicia e para a exportación desta materia cara ao Levante. O benigno clima de Galicia provoca que moitos mostrasen interese na superficie forestal galega e na súa comercialización.



A esta demanda industrial debemos engadirlle o auxe da celebración da Festa da Árbore que séculos atrás gozaba de gran reputación e conseguiu concienciar a moita xente da necesidade dunha repoboación efectiva e un uso sustentable dos montes.

Por iso, a principios de século, comezan en Galicia a implantación dos primeiros viveiros forestais levados a cabos por enxeñeiros da materia.



Estes viveiros eran como "hortos" onde comezáronse a plantar pés de árbores para a súa venda a empresas, particulares e mesmo concellos. Por iso adaptábanse hectáreas de monte para o seu uso forestal. Creábanse presas, canles para rega, balcanes, pistas, casas forestais e mesmo serradoiros. Comezouse a introducir especies foráneas de rápido crecemento para facer fronte á gran demanda. Así comezou a primeira invasión de eucaliptos, piñeiros e abetos dunha maneira en principio sustentable.



Así en Galicia desde 1906 ata 1924 contaba xa con cinco viveiros permanentes. Un dos máis coñecidos foi o creado por Areses en Tui, nunha das ladeiras do Monte Aloia que despois foi reconvertido área recreativa e hoxe conta coa protección de Parque Natural. Tamén é famoso o de Figueirido (Vilaboa) e outros como o de Ribadetea (Ponteareas), Sobrado (A Coruña), As Chairas (Ourense), Os Trollos (Lugo)... Na metade do século XX a reforestación de foráneas esténdese definitivamente e comeza a súa escalada repobladora dos montes galegos o cal provoca o abandono deste tipo de viveiros.



Aquí en Ponte Caldelas temos un dos viveiros forestais dos que falamos.

Sitúase a 450 metros de altura nunha zona onde a ladeira da montaña non ten moita inclinación e mesmo presenta grandes zonas de moi escasa pendente. Por aquí pasaba o camiño real utilizado polos arrieros que desde Ribadavia dirixíanse a Pontevedra.

Hoxe a zona é unha gran área recreativa, cuxos orixes se marcan a metade de século XX. Poderemos ver os balcanes e presas antes nomeados e mesmo a casa forestal. O lugar complétase con mesas e fontes.



Desde logo que o compromiso forestal fai máis dun século era máis importante que hoxe mesmo.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é