Ponte Internacional de Tui | GALICIA MÁXICA

Desde Arbo ata A Guarda hai unha distancia de 70 qm de río Miño que fai fronteira física entre Galicia e Portugal. En todos eses quilómetros tan só existía unha ponte que unía os dous países ata a década dos 90 do século XX. Existían outras formas de cruzalo pero era necesario facelo por transbordadores que cruzaban os vehículos ás veces guiados por un groso cable co obxectivo de aguantar a forte corrente que o Miño levaba durante longas épocas do ano. Exemplos eran os de Goián, Caminha ou Salvaterra.

Interior puente
Por iso a ponte internacional de Tui foi durante máis dun século o paso máis adecuado para o tránsito de vehículos e de persoas. A súa construción no século XIX supuxo un antes e un despois nas relacións entre o norte de Portugal e o sur de Galicia. A súa construción provocou unha fonte de riqueza para ambos países xa que foron moitos os que cruzaban a fronteira en busca de produtos e negocios.
Non é unha obra de Eiffel pero nel veremos clara a súa influencia. O seu deseño foi elaborado polo enxeñeiro Pelayo Mancebo de Agrida e a firma belga Braine Lle Compte foi a adxudicataria das obras. Unhas obras que xa desde 1864 tiñan a súa propia comisión nomeada por unha Real Orde de Isabel II co fin de estudar as posibilidades de unión por ferrocarril entre os dous países.

Tui
Por iso construíuse unha ponte que combinaba ferro e pedra que sería capaz de soportar o paso de tres formas de comunicación: O ferrocarril pola súa banda de arriba, o de tránsito rodado que un principio eran só para carruaxes, de aí a súa estreiteza, e o dos propios viandantes para os cales se construíu unhas pasarelas de metal laterais.
O custo do proxecto ascendeu a 1.254.143 pesetas e foi custeado por ambos países. Inaugurouse o 25 de marzo do ano 1886 aínda que xa daba un servizo interrompido en varias ocasións desde o ano anterior. Durante a súa inauguración e coa ponte engalanada dous trens cruzáronse no centro ante a atenta mirada de miles de veciños dos dous países e alí "bicáronse", unindo definitivamente as dúas marxes do río.
Nos alicerces de pedra do seu parte española poderedes ver uns ocos aos que se accede mediante unha escaleira. Pensaredes na súa utilidade, pois vos diremos que eran hornillos de minas para o caso de ter que dinamitalo en caso de conflito co país irmán. Para iso tamén se construíu un cuartel con capacidade de ata duascentas persoas.


Para a construción da ponte empregáronse 1.540.364 quilos de ferro e 700 de chumbo e a sillería foi traída desde a localidade lusa de Lanhela, situada a 24 km do lugar. Zumaya achegou o cemento necesario. Todos os materiais foron transportados por lanchas de vapor polo Miño.
A estrutura ten unha lonxitude de máis de 350 metros e apóiase en catro alicerces de pedra sobre o río que suxeitan cinco vans de metal de máis de 60 metros cada un. A súa anchura é escasa, xa que en principio estaba pensado para carruaxes e non para a rápida evolución do tráfico rodado.

Escudo Portugal

A ponte substituíu ás barcazas que unían as poboacións de Valença do Minho e Tui.
Durante máis de 100 anos soportou o paso de vehículos, trens e persoas ata que no ano 1993 inaugurouse a nova e moderna ponte internacional uns metros río abaixo. Ata a entrada na Unión Europea ambos países controlaban o paso e o tránsito de viaxeiros polo que era moi habitual as longas e interminables colas en ambos os sentidos.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA