Convento de Herbón | GALICIA MÁXICA

Convento de Santo Antonio de Herbón


A beiras do Ulla sitúase un dos edificios monásticos máis emblemáticos desta comarca. Localízase moi preto da igrexa románica de Santa María de Herbón e moi cerquita tamén da localidade de Padrón.

Foi fundado por Frei Gonzalo Mariño e Frei Pedro de Nemancos que recibiron os terreos no ano 1396 cedidos polos veciños e polo cabido de Iria.

Herbón

Seguidamente o mosteiro adquiriu importancia e pronto recibiu doazóns que farían pasar ao edificio por diversas fases construtivas.

A primeira engloba desde a súa fundación ata o ano 1700 que pasa de ser un pequeno eremitorio a un bo convento que acollería no 1509 xa 22 persoas.

No século XVII recibe un gran impulso pois pasa a ser colexio de misioneiros dirixidos polos Pais Franciscanos. Segundo bula papal ninguén podería ir a misións no novo mundo senón estudara nestes colexios. Así é como o convento adquiriu un gran poder e autonomía durante esta época.



Por esta razón o edificio é agrandado e dotado de novos servizos e edificouse unha nova igrexa barroca de grandes dimensións de planta cruciforme e con cubertas abovedadas diferentes en cada un dos seus tramos. No interior consérvanse retablos barrocos e un órgano litúrxico de gran valor.

Durante a Guerra da Independencia o mosteiro sufriu un gran revés xa que os invasores considerárono foco de organización e apoio ás guerrillas independentistas opostos a Napoleón. Así empezou a súa decadencia que se viu agraviada polas seguintes desamortizacións. En 1913 volve adquirir a categoría de colexio-seminario e instálase nel unha comunidade relixiosa.

Fuente

Unha fonte do ano 1786 onde se representa a un franciscano orando daranos a benvida. Esta é confundida ás veces con San Bieito.

Debemos saber que un dos monxes franciscanos que percorreu terras americanas nas súas misións foi o responsable de traer o famoso froito que deu tanta popularidade á comarca: o pemento.



No ano 2009 propúxose a creación dun hotel de luxo no convento pero

No ano 2013 os últimos franciscanos víronse obrigados a deixar o convento despois de 600 anos de apoio á comunidade. Ese mesmo ano e  baixo unha forte fuerte polémica, presión e ameazas ós frades foi declarado BIC.

Máis información: http://www.exherbon.org/

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é