Balneario do Lérez | GALICIA MÁXICA

Balneario de Villa Buenos Aires - Augas do Lérez


Cando visitemos este lugar non é fácil adiviñar o que aquí había fai máis de 100 anos. Á vista das ruínas actuais resulta impensable imaxinarse que o lugar era un fervedoiro de auguistas vindos desde diversos puntos da Península e mesmo de fóra dela para gozar das calidades mineiro medicinais destas augas.

Balneario


A principios do século XX, D. Casimiro Gómez regresaba de Arxentina cunha gran fortuna despois de emigrar con tan só 15 anos e coa intención de investir parte dese diñeiro (100.000 pesetas) nun gran complexo turístico que daquela estaba en época de esplendor. A súa idea foi construír un gran balneario aproveitando as augas termais das beira do Lérez, en Monte Porreiro e así creou un bo establecemento hostaleiro en 1906 con todo luxo de detalles e coas máis modernas instalacións. Para iso adquiriu unha gran leira de 80 ha cun gran bosque para goce dos bañistas. Incluso o río era en parte navegable e eran moitos os que se decidían por paseos en barca e  pola beiras do Lérez. O lugar chegou a ser un gran centro cultural e de referencia termal en toda a comarca.

Río Lérez
Eran dous os mananciais que achegaban as augas medicinais ao balneario, o de "Monte Porreiro" e o de "Aceas" e as mesmas foron declaradas de utilidade pública o 15 de novembro de 1904. As súas "Augas do Lérez" chegaron a ser comercializadas en Arxentina e mesmo en Gran Bretaña.

Fuente


O comezo da 1ª Guerra Mundial truncou o final feliz deste tipo de instalacións e o empuxe das praias posteriormente foi crecendo en detrimento das augas medicinais. Durante a guerra civil española as instalacións que se conservaban foron totalmente destruídas e hoxe non poderemos ver case nada. Xunto ao paseo existe outra fonte que se cobre cunha bóveda e arco de medio punto que lembra a unha construción do século XIX ou mesmo anterior.

Manantial
Hoxe en día tan só queda en pé no edificio que albergaba a surgencia dun dos mananciais. O seu estado é de ruína, a pesar de que recentemente a zona sufriu un pequeno lavado de fronte e foi pintado e creado ao seu lado unha pequena área de recreo. Son augas de mineralización forte, cloruradas sódicas, fluoruradas, litínicas e frías (15ºC) con implicación termal. Están especialmente indicadas para o tratamento do reuma e a artrose.

Interior
O balneario localízase na Senda do Lérez, moi preto da estación de bombeo do Lérez, por baixo de Monte Porreiro e en fronte de San Benitiño.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


[mapsmarker marker="20"]

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA