Ponte dos Brozos | GALICIA MAXICA

(Fotos de )


Existen bens patrimoniais e históricos que por motivos alleos a eles víronse forzados a convivir con paisaxes que ata hai pouco eran inimaxinables para estes. É o caso da Ponte dos Brozos, que a duras penas conseguiu salvarse da barbarie da tecnoloxía e da civilización e manterse case intacto. Este sitúase no corazón dun grande area industrial coñecido como O Polígono do Sabón. Hoxe forma parte do Paseo Fluvial que discorre sobre este polígono paralelo a un río ferido polo progreso, o río Bolaños.



Supónselle un pasado romano, ligado á vía que percorría a costa e que era coñecida como Per Loca Marítima. A través dos séculos a ponte sufriu varias modificacións ata chegar ao estado actúal. Hoxe presenta dous arcos cun tallamar contra a corrente. No lado contrario ten unha pila que crea un apartadoiro xunto á calzada que tamén conserva un vello enlousado. A pesar de non ter ollos apuntados a calzada encóntrase en lixeira pendente en ambos os dous lados.



Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Con pés ou sen pés, o máis longo é