Publicacións

Sorpresa! Un neveiro recuperado

Imaxe
Grata sorpresa a que nos levamos ao ir visitar de novo os restos do "Neveiro dos Frades", tamén coñecido como da Franqueira e propiedade na súa antigüidade dos monxes deste próximo mosteiro. Hai tempo soubemos da súa existencia e decidímonos ir atopar os seus restos. Non foi fácil, pois non aparecía nos mapas e por suposto non estaba sinalizado, pois non eran moitos os que coñecesen a súa existencia. Grazas a lectura especializada, á intuición e sobre todo ao "ditoso" Google Earth puidemos localizar os seus restos case imperceptibles daquela sobre o mapa.


Era sabido que os seus restos non poderían estar en bo estado pero aínda así a decepción foi grande, pois non entendiamos como un elemento patrimonial de case 500 anos puidese estar en semellante esquecemento. As filtracións de auga provocaran esborralles nos seus muros e os incendios arrastraron gran cantidade de desfeitos cara a dentro como ramas e árbores.

Este fin de semana propuxémonos volver visitalo e a so…

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Imaxe
Galicia xa ten a súa particular lista de praias e portos con "bandeiras azuis" do ano 2018. Este ano sitúase como a segunda comunidade autónoma con máis praias con este distinguido galardón por detrás da Comunidade Valenciana. En total das 590 bandeiras do territorio nacional serán 109 praias e 15 portos deportivos os obtidos por Galicia. Por provincias, Pontevedra obtén 55 bandeiras entre as que destaca unha única praia fluvial, a da Calzada en Ponte Caldelas. A Coruña obtén 40 e Lugo 14 galardóns. En contra a provincia de Ourense non obtén ningunha bandeira azul para ningunha das súas praias fluviais.


 Respecto o ano pasado pérdense catro distintivos que son Langosteira, en Fisterra; A Ribeira, en Miño; Morouzos, en Ortigueira; Bares e Esteiro, en Mañón.

Aquí os deixamos o listado completo das praias de Galicia con Bandeira Azul para o ano 2018: PONTEVEDRA:A Guarda O MuíñoArea GrandeBaiona Os FradesA Barbeira AConcheiraA RiveiraSanta MartaNigrán Praia AméricaPanxónPatosV…

Un achegamente ao mundo dos muíños fariñeiros de Galicia

Imaxe
Falar de muíños fariñeiros é falar dunha das construcións populares máis emblemáticas de Galicia xa que o seu uso foi clave para o desenvolvemento da economía de subsistencia no rural desde hai moitos séculos. Ademais de moer cereais, os muíños desenvolveron unha cultura popular ao redor deles enriquecendo o noso folclore enormemente. Eran lugares de reunión de interminables xornadas e esperas, lugares de acubillo e refuxio, lugares de duro traballo, agocho para amores secretos... Non en balde o muíño era considerado unha peza crave e por iso respectado por todos os membros dunha comunidade. O muíño emprégase desde hai séculos, tanto que a súa orixe pérdese na historia da humanidade e o uso das ferramentas. En Galicia temos as primeiras manifestacións no neolítico en forma de muíños naviculares fixos e portátiles, para despois chegar o muíño circular de dúas pezas que tamén era movido a man. Este último foi o xerme dos muíños fariñeiros de auga, pois o seu funcionamento era o mesmo e …

Praia de Laxe | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Laxe localízase no lado sur da Ría de Corme e Laxe, practicamente na bocana desta. O núcleo principal da vila atópase ao abrigo dunha gran enseada e é alí onde se asenta o gran areal de area fina e branca de 1,4 km de anchura. Playa de Laxe
O pequeno Rego de San Amedio desemboca na praia, non sen antes formar un humidal denominado As Brañas Mouras. Ademais a praia conta cun complexo dunar natural.A pesar de poder considerarse unha praia urbana pola proximidade do centro urbano, as súas grandes dimensións e a súa beleza natural fan desta praia un lugar ideal e paradisiaco. Dunas
Conta cun paseo, aparcadoiros, parques infantís, acceso a minusválidos, vixilancia, duchas, posto de socorro e todos os elementos propios deste tipo de praias que lle valeron para gañarse o distintivo de bandeira azul ano tras ano. Paseo de Laxe
Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Dolmen de Dombate | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Cando falamos do megalitismo en Galicia non podemos deixar de citar un dos exemplos máis representativos do neolítico como é o dolmen de Dombate situado na parroquia de Borneiro a unha altura de 199 metros, nunha zona cunha boa concentración deste tipo de monumentos. Popularmente é coñecido como "A Fornella". Dolmen de Dombate cos "idoliños" en primeiro plano Breves reseñas cronolóxicas:O conxunto é propiedade desde 1975 da Deputación da Coruña quen adquiriu nesta data 715 m2 no O Chan de Borneiro, no lugar de Dombate. Foi declarado BIC en 1978. En 1982 o arquitecto Carlos Fernández Gago proxecta un peche trapezoidal e sinalización da leira aínda que por descoñecemento un dos muros con base de formigón pasou por encima do túmulo. Lembremos que estes dólmenes estaban cubertos con diversas capas de pedras e terra que conformaban a coraza do túmulo formando unha gran "mámoa". Son moitas as referencias e estudos que se realizaron sobre el ao longo do …