Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta petroglifos

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Imaxe
 A Pedra da Serpe de Corme é un dos monumentos rupestres máis representativos de Galicia. A pesar da súa sinxeleza, espertou unha gran curiosidade de historiadores e arqueólogos ao longo dos últimos séculos. Trátase dun exemplo único en toda Europa Occidental, un relevo "vivo" da historia de Galicia. A Pedra da Serpe localízase no concello de Ponteceso, na parroquia de Corme Aldea, nun lugar de posible topónimo de orixe xermánica, o lugar de Gondomil.  Trátase dunha roca granítica no que se labrou a figura dunha gran serpe alada, algo que a fai única e excepcional. Séculos despois, o lugar foi cristianizado coa colocación dunha cruz sobre a mesma pedra. Esta cruz non é a actual, senón contemporánea, pois a orixinal xa non se conserva, xa que foi derrubada accidentalmente. A pesar das numerosas hipóteses sobre a cronoloxía desta curiosa pedra, aínda ninguén o ten claro e todo son especulacións. Escoitarás que este culto á serpe pérdese en tempos remotos, antes

Petróglifos de Taboexa | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello das Neves foi vítima de devastadores incendios en outubro de 2017. A voracidade das chamas foi tal que o 90 % do territorio deste municipio converteuse en cinzas. Todo San Domenio así como os montes veciños quedaron calcinados completamente. Con todo despois deste masacre ecolóxico saíu á luz uno dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do últimos vinte anos. Para descubrilo debemos achegarnos á histórica parroquia de Taboexa , cuxo pasado está repleto de achados arqueolóxicos. Os seus petróglifos, o seu mítico e lendario castro de Altamira, a súa presenza romana (como testemuñou a figura de bronce do deus Mercurio) e moitos outros descubrimentos máis fan desta parroquia un lugar sen igual. As estacións rupestres que nos ocupan localízanse a uns 600 metros ao norte do Castro de Altamira e saíron á luz en decembro de 2017 cando nunha visita arqueolóxica para avaliar os danos do patrimonio polos incendios deuse por casualidade con eles, xa que a vexetación que