Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta blog

Listado completo das 109 praias e portos con bandeira azul no 2018

Imaxe
Galicia xa ten a súa particular lista de praias e portos con "bandeiras azuis" do ano 2018. Este ano sitúase como a segunda comunidade autónoma con máis praias con este distinguido galardón por detrás da Comunidade Valenciana. En total das 590 bandeiras do territorio nacional serán 109 praias e 15 portos deportivos os obtidos por Galicia. Por provincias, Pontevedra obtén 55 bandeiras entre as que destaca unha única praia fluvial, a da Calzada en Ponte Caldelas. A Coruña obtén 40 e Lugo 14 galardóns. En contra a provincia de Ourense non obtén ningunha bandeira azul para ningunha das súas praias fluviais.  Respecto o ano pasado pérdense catro distintivos que son Langosteira, en Fisterra; A Ribeira, en Miño; Morouzos, en Ortigueira; Bares e Esteiro, en Mañón.   Aquí os deixamos o listado completo das praias de Galicia con Bandeira Azul para o ano 2018: PONTEVEDRA: A Guarda O Muíño Area Grande Baiona Os Frades A Barbeira A Concheira A Riveira Santa Marta

Con pés ou sen pés, o máis longo é

Imaxe
Existe unha gran controversia e descoñecemento cando escoitamos falar de cal é o hórreo máis grande de todos. Centrados na discusión temos que diferenciar que non é o mesmo grande que longo e esta é a primeira diferenza que debemos atallar. Por longo entenderemos a súa lonxitude, indubidablemente, e por grande centrarémonos no seu volume. Sen dubidalo Galicia posúe os hórreos máis longos da península e probablemente do mundo, pero a dúbida vén cando falamos do máis grande. No máis alto do podio do hórreo máis longo atópase o de Araño, en Rianxo, que cos seus 37,05 metros deixa atrás ao resto. Debemos comentar que non tomando medidas nós atopámonos diferentes traballos que falan desde os 36,70 do propio hórreo ata os 37,40 incluíndo os tornarratos . Aínda así leva o premio ao máis longo. Hórreo de Araño   Hai quen defende aos seus rivais sobre o de Araño argumentando que este non ten pés, pero como sempre dicimos nós nun refrán que nos inventamos "Con pés ou sen pés, hórreo é&quo