Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Viveiros

Viveiro de Pazos e área recreativa | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A principios do século XX existía unha demanda moi grande de madeiras para os serradoiros de toda Galicia e para a exportación desta materia cara ao Levante. O benigno clima de Galicia provoca que moitos mostrasen interese na superficie forestal galega e na súa comercialización. A esta demanda industrial debemos engadirlle o auxe da celebración da Festa da Árbore que séculos atrás gozaba de gran reputación e conseguiu concienciar a moita xente da necesidade dunha repoboación efectiva e un uso sustentable dos montes. Por iso, a principios de século, comezan en Galicia a implantación dos primeiros viveiros forestais levados a cabos por enxeñeiros da materia. Estes viveiros eran como "hortos" onde comezáronse a plantar pés de árbores para a súa venda a empresas, particulares e mesmo concellos. Por iso adaptábanse hectáreas de monte para o seu uso forestal. Creábanse presas, canles para rega, balcanes, pistas, casas forestais e mesmo serradoiros. Comezouse a introducir especies f