Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta VIGO

Petróglifos do Alto da Bandeira | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Ao sur do municipio de Vigo, en Saiáns, e a escasos metros da fronteira con Nigrán, levántase un cerro que alcanza os 392 metros de altura. Recibe o nome de Alto da Bandeira ou Cabezo de Saiáns. Desde o alto obteremos unha das máis fermosas panorámicas da costa da Comarca de Vigo, desde Cabo Silleiro ata o Estreito de Rande. Ao fondo en días despexados poderemos ver practicamente todas as bocanas das Rías Baixas, así como todos os arquipélagos delas. Tamén veremos a próxima e gran antena vermella e branca do centro de salvamento marítimo que antes de 2015 atopábase sobre a Illa de Toralla. Recibe o nome de Alto da Bandeira pois era tradición que os mozos subisen ata aquí e colocasen unha bandeira sobre un buraco na roca piramidal do alto. Así daban aviso aos maiores de que o gando estaba xa pastando en bo lugar. No lado Este de esta montaña piramidal existe unha gran roca plana que hai máis de 5000 anos foi preparada para a moenda de diversos materiais. Sobre a roca existen ata seis mu