Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Termalismo

Balneario do Lérez | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Balneario de Villa Buenos Aires - Augas do Lérez Cando visitemos este lugar non é fácil adiviñar o que aquí había fai máis de 100 anos. Á vista das ruínas actuais resulta impensable imaxinarse que o lugar era un fervedoiro de auguistas vindos desde diversos puntos da Península e mesmo de fóra dela para gozar das calidades mineiro medicinais destas augas. A principios do século XX, D. Casimiro Gómez regresaba de Arxentina cunha gran fortuna despois de emigrar con tan só 15 anos e coa intención de investir parte dese diñeiro (100.000 pesetas) nun gran complexo turístico que daquela estaba en época de esplendor. A súa idea foi construír un gran balneario aproveitando as augas termais das beira do Lérez, en Monte Porreiro e así creou un bo establecemento hostaleiro en 1906 con todo luxo de detalles e coas máis modernas instalacións. Para iso adquiriu unha gran leira de 80 ha cun gran bosque para goce dos bañistas. Incluso o río era en parte navegable e eran moitos os que se decidían por pa