Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta TUI

Ponte Internacional de Tui | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Desde Arbo ata A Guarda hai unha distancia de 70 qm de río Miño que fai fronteira física entre Galicia e Portugal. En todos eses quilómetros tan só existía unha ponte que unía os dous países ata a década dos 90 do século XX. Existían outras formas de cruzalo pero era necesario facelo por transbordadores que cruzaban os vehículos ás veces guiados por un groso cable co obxectivo de aguantar a forte corrente que o Miño levaba durante longas épocas do ano. Exemplos eran os de Goián, Caminha ou Salvaterra. Por iso a ponte internacional de Tui foi durante máis dun século o paso máis adecuado para o tránsito de vehículos e de persoas. A súa construción no século XIX supuxo un antes e un despois nas relacións entre o norte de Portugal e o sur de Galicia. A súa construción provocou unha fonte de riqueza para ambos países xa que foron moitos os que cruzaban a fronteira en busca de produtos e negocios. Non é unha obra de Eiffel pero nel veremos clara a súa influencia. O seu deseño foi elaborado p