Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sartegos

Necrópole de San Vitor de Barxacova | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A uns 500 metros de San Lourenzo de Barxacova e percorrendo o antigo camiño que ía cara a Forcas e logo á ponte de Conceliños e preto de onde se atopou a "espada de Forcas" (idade do bronce) existe unha gran necrópole rupestre que empezou a ser estudada e escavada en serio a partir do ano 2010. A historia  de este lugar que se localiza xunto a un peñasco saínte pérdese nos séculos xa que os restos de tégula romana atopados lévannos como mínimo aos primeiros séculos da nosa era. Trátase dun cerro de 593 metros de altura desde o cal se divisa unha gran panorámica do estreito val do Mao. En fronte xusto, pero xa na Teixeira, está a coñecida como Pena do Castelo que formaría xunto con esta atalaia un control de paso por estas terras. O lugar fórmao unha pequena chaira e o cerro rochoso nomeado onde existiu unha capela medieval. Sabemos que as súas paredes aguantaron ata o século XIX pero un acto vandálico acabou cos restos esparexidos polo precipicio e polos arredores. Antes das