Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Santuarios

Santuario de Nosa Señora de Areas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Habería que profundar máis na procura de información sobre este santuario pois case non existe pegada dixital deste templo na rede e na páxina do concello de Cenlle tan só é nomeado brevemente. Tentaremos descubrir algo sobre a devoción e a orixe deste santuario. Sabemos que nos atopamos na antigamente chamada "Terra de Castela" un topónimo cuxo orixe se perde no segundo lustro da nosa era. Por iso non poderemos pensar en castelos medievais e por tanto habería que buscar a súa orixe noutro tipo de asentamentos, probablemente naqueles que os romanos denominaban "castellum", diminutivo de "castrum". Aquí poderedes saber algo máis sobre este topónimo: https://sites.google.com/site/frutosribeiro/castela E é concretamente un castro o que parece ser a orixe deste santuario barroco de Nosa Señora de Areas. O templo sitúase xunto a unha pequena lomba de 220 metros de altura desde o que divisaremos Ribadavia e o mesmo val do Avia. Esta lomba parece ser que albergou

Capela de Nossa Senhora dos Remédios de Soutelo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
União das freguesias de Gondomil e Safins Soutelo No concello de Valença e na unión de parroquias de Safins e Gondomil existe un lugar denominado Soutelo. Alí elévase unha pequena cima de 259 metros de altura cuxa figura lémbranos a silueta dun asentamento castrexo. Á súa forma elíptica debémoslle engadir os seus posibles fosos totalmente desconfigurados e sobre todo nunha das súas ladeiras a existencia dun elemento sacralizador de importancia: a Capela de Nossa Senhora dos Remedios. Do posible castro nada se pode ver pois na súa croa existe hoxe unha piscina municipal e son varias as estradas e pistas que o atravesan. Xunto á igrexa atopamos o motivo pagán que seguramente deu orixe á capela, hoxe igrexa parroquial. Xunto a ela eríxense dous xigantescos penedos que forman un gran oco por baixo delas. Alí, segundo a tradición cristiá apareceuse a Virxe. Poderemos ver entre reixas debaixo da gran roca un pequeno monumento á aparición da cal non sabemos se foi unha aparición mariana ou be