Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pontellas

Pontella de Salcedo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
San Bernabé da Graña - Salcedo En Galicia consérvanse centos de pontes artesanais que denominamos "pontellas". Estes eran sinxelos pasos de pedras creados polos veciños do lugar, pois non precisaban de abundante man de obra e nin sequera de enxeñeiros cualificados. Por iso habitualmente eran empregados en rutas locais de pastoreo e agricultura aínda que tamén moitos eran aproveitados polas rutas de transporte de gran percorrido que unían as comarcas galegas. Debemos saber que por Covelo transitaban varias rutas de arrieros e que aínda se conservan espectaculares pontes do século XVIII. Ademais sabemos que Covelo era berce de numerosos arrieros e de grandes comerciantes. Moi preto de leste, sobre o río Tea, atoparémonos con Ponte Abuíña . O noso interese nesta pontella reside no seu estado actual, pois practicamente atópase derruido. Por iso quixemos deixar constancia desta na nosa web co fin de non esquecer este elemento patrimonial que a punto está de desaparecer se ninguén