Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pazos

Pazo de Liñares | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Lalín esconde varias mostras de pazos señoriales que demostran o pasado nobiliar desta comarca que foi habitada por grandes liñaxes e personaxes ilustres de gran relevancia. Un destes pazos se situa en San Martiño de Prado, moi preto do trazado denominado Camiño Sueste ou Mozárabe que se trata da continuación por terras galegas da coñecida Vía da Prata. Moi preto de aquí confluían o Camiño de Inverno, que chegaba desde Ponferrada evitando o duro trazado invernal que circulaba por O Cebreiro, e o antes nomeado Camiño Sueste que proviña de Dozón. A continuación dirixíase a Silleda polo fermoso Ponte Taboada. A boa comunicación que proporcionaban estes camiños foron aproveitados para a construción do Pazo de Liñares a finais do século XVII. Así se construíu un majestuoso pazo barroco que albergaría a familia dos Taboada, sendo fundado por Álvaro Núñez Taboada. Con todo xa temos noticias da propiedade dos Taboada a principios do século XVI cando se nomea o "Casal e Torre

Pazo da Peregrina | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Máis fotos aquí) Ortoño No corazón do val da Amaía, existe unha vila que tivo un enorme crecemento no último século, por estar moi preto da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e encontrarse a medio camiño das praias de Noia e esta última cidade. Pero Bertamiráns sempre foi unha zona de paso importante, debido a que o Camiño de Santiago discorría por estes lares en dirección ao Cabo Fisterra.  Ademáis aquí xuntábase o camiño que proviña de Negreira por Ponte Maceira, en dirección a Santiago e o de Padrón. O pazo (s. XVIII) sitúase no centro de Bertamiráns e forma parte dun conxunto axardinado creado para o desfrute dos cidadáns. Componse dunha capela, coñecida como da Peregrina onde se realizaban ata hai pouco misas parroquiais e dous edificios auxiliares onde se atopa a porta principal e unha fonte circular de pedra. O edificio principal presenta dunha balconada e a súa planta é rectangular, como a planta de moitos pazos galegos. A súa capela está dedicada ao antigo culto á Vi