Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Parques

Parque de Bens |GALICIA MÁXICA

Imaxe
Nas proximidades da cidade da Coruña existe un gran parque de recreo creado no ano 2001. Construíuse sobre o que no século pasado foi o vertedoiro da cidade. É o Parque de Bens. No ano 1996 un fatídico accidente levou a vida dunha persoa ao esborrallarse parte do lixo acumulado nunha das súas ladeiras. Este feito supuxo un cambio de conciencia municipal e a promesa de rexenerar este lugar. Así, seis anos despois (2001) e con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente, o parque foi inaugurado para o goce dos visitantes. O parque conta con 60 hectáreas para o esparexemento e está dotado con parques infantís, paseos, bancos, estanques, fontes, esculturas que evocan a un pasado e miradoiros. Xunto ao parque infantil poderemos ver o primeiro barco de salvamento de España coñecido como Branca Quiroga. A área está valada, vixiada e conta con horario de apertura e peche, así como un bo aparcadoiro no exterior. O punto máis alto é unha lomba natural de 161 metros desde o que poderemos ver unhas fa

Área Recreativa de Mouriscade | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O río Asneiro discorre sinuoso pola parroquia de Vilanova. Nun dos seus meandros aproveitouse a contorna natural existente para habilitar ao redor dun conxunto de muíños unha boa área recreativa. Ademais de dous muíños, o lugar conta con mesas e un alpendre para grellas. O muíño máis grande está aberto e rehabilitado con paneis informativos. Trátase dun muíño con dous grandes moas, de tipo dorna, polo que seguramente fose un muíño de maquía. As grandes proporcións das moas dannos contan dun pasado cheo de actividade xa que seguramente fosen moitos os veciños dos arredores que debían utilizar este muíño. Aínda que sen "moegas" unha das moas conta cunha "caixa de fariña" rehabilitada. Polas súas características podemos dicir que a actividade se mantivo ata ben entrado o século XX. Xunto ao muíño sitúase a "acea" e a canle que desvía a auga cara os rodicios, propio deste tipo de muíños de dorna. Xunto a esta área localízase o albergue Vicente Agulló, o Club H

Souto de García Sánchez e Fraga do Rodo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Outro dos numerosos bosques caducifolios que contén o concello de Lalín entre os seus límites son as Fraga de Rodo e o Souto de García Sánchez que practicamente forman un mesmo paraxe natural. No souto (bosque de castiñeiros), atopamos unha plantación en liñas de castiñeiros xa centenarios que era parte da familia García Sánchez. A súa función, do mesmo xeito que o Souto de Quintela en Catasós, era proporcionar madeiras nobres ás familias posuidoras destas terras. Hoxe en día é unha gran área recreativa acondicionada con obras de Sergio Portela que foron reacollidas aquí despois de ser retiradas da Carballeira da Crespa. Existe unha gran mesa denominada "mesa parroquial" obra de Cesar Portela, pai do escultor nomeado, que mide 33 metros de longo por 3,5 de ancho e que foi realizada no ano 2001 e trasladada aquí en 2009. No centro do parque temos a denominada "A Fonte" cunha figura feminina de bronce cun pequeno estanque e rodeada de catro esculturas de fantasiosas f

Parque das Caldas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
As beiras do Miño sobre todo no seu último tramo presentan unhas grandes terrazas fluviais tanto na beira galega como na portuguesa. As particularidades físicas de este provocan a existencia de numerosos mananciais termais. Aquí, en Monção temos un gran exemplo diso. Aproveitando esas terrazas e xunto aos edificios dedicados ao termalismo existe unha gran área de esparexemento que conta con miles de metros cadrados de zona verde, parque infantil, área recreativa, piscina municipal, pista de tenis, fútbol sala, petanca, skate e moito máis. A todo isto sumámoslle a beleza da paraxe que forma o río Miño e as murallas defensivas da vila de Monção. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Viveiro de Pazos e área recreativa | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A principios do século XX existía unha demanda moi grande de madeiras para os serradoiros de toda Galicia e para a exportación desta materia cara ao Levante. O benigno clima de Galicia provoca que moitos mostrasen interese na superficie forestal galega e na súa comercialización. A esta demanda industrial debemos engadirlle o auxe da celebración da Festa da Árbore que séculos atrás gozaba de gran reputación e conseguiu concienciar a moita xente da necesidade dunha repoboación efectiva e un uso sustentable dos montes. Por iso, a principios de século, comezan en Galicia a implantación dos primeiros viveiros forestais levados a cabos por enxeñeiros da materia. Estes viveiros eran como "hortos" onde comezáronse a plantar pés de árbores para a súa venda a empresas, particulares e mesmo concellos. Por iso adaptábanse hectáreas de monte para o seu uso forestal. Creábanse presas, canles para rega, balcanes, pistas, casas forestais e mesmo serradoiros. Comezouse a introducir especies f