Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PROVINCIA DE LUGO

Poboado castrexo de Castromaior

Imaxe
O castro de  Castromaior é unha xacemento milenario que comprende os restos dun antigo poboado galaico con lixeiras influencias romanas da súa última e breve etapa. Os restos do castro localízanse no concello de Portomarín e o poboado está repartido entre as parroquias de Narón e Castromaior, da cal colle o nome polo que se adoita denominar.  Unha das particularidades deste castro da Idade de Ferro é que se sitúa aos pés do Camiño de Santiago e por iso é un recurso espectacular para esta etapa que une Portomarín-Palas de Rei. O trazado do Camiño discorre pola estrada que vai cara a  Castromaior, pero o trazado antigo pasa directamente por un dos fosos do castro.  A diferenza doutros castros que aproveitaban as defensas naturais que lles proporcionaba o terreo, tales como ríos ou ladeiras de montañas, o castro de Castromaior localízase nun terreo suave e por iso os seus poboadores tivéronse que esmerar para construír unha serie de defensas ao redor do poboado, como grand

Ponte Mourulle | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Mourulle (San Vicente) - Ínsua (San Xián) Ata fai tan só oitenta anos as posibilidades de cruzar o Miño por unha ponte non era tarefa fácil. Por iso existían ao longo do seu curso multitude de embarcadoiros para cruzalo por medio de barcas. Aquí, entre O Saviñao e Taboada existía un paso deste tipo ata os anos 40 do século pasado. Foi nesta época cando se construíu unha boa ponte de formigón cuxo tempo de uso durou menos de dúas décadas. E isto foi porque augas abaixo do Miño construíuse nos anos 50 o gran encoro de Belesar . Era coñecido como Ponte Fortes, en honra ao seu impulsor e foi construído entre 1942 e 1945. Mentres se construía xa se sabía o seu futuro pois anos despois foi alagado polo pantano nomeado e tívose que volver ao uso das barcazas. Pero a unión das parroquias de San Xián de Ínsua e de San Vicente de Mourulle volveuse recuperar grazas á construción doutra ponte finalizada en 1969. Foi deseñado polo enxeñeiro de camiños José Antonio Torroja Cabanillas, II Marqués de