Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta POIO

Bosque de secuoias, Bosque de Colón | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Situado en Poio a unha altura de 435 metros nunha ladeira do Monte Castrove localízase o maior bosque de secuoias vermellas californianas de Europa. Trátase dun conxunto de 2 ha. de árbores que na actualidade conta con máis de 450 exemplares da especie Sequoia sempervirens , unha especie orixinal de norte américa que pode alcanzar decenas de metros e vivir mesmo máis de 2000 anos. A súa plantación remóntase ao ano 1992 e a súa orixe débese ao cincocentos aniversario da viaxe de Cristóbal Colón e a súa chegada ao continente americano. Con motivo conmemorativo o goberno dos Estados Unidos que presidía George Bush pai e a través da resolución H . J . Res.529, enviou unha comitiva de mozos e enxeñeiros forestais cun agasallo de 500 exemplares para a súa plantación en terras de Poio. Despois de analizar cientificamente o chan procedeuse á plantación dos exemplares con axuda dos veciños quen albergou aos norteamericanos nas súas casas e apoiaron co seu esforzo na plantación. Estreit

Muíños de Samieira | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O río de Freiría, tamén coñecido como Rego dos Muíños , discorre pola parroquia de Samieira , en Poio. O seu curso por Samieira empeza no Foxo das Vacas e acaba na praia de Laño (ou de Samieira ). Contan que o seu nome podería vir de "frade" xa que no nacemento dise que existiu algún tipo de construción ligado a un frade. Sobre o seu curso existen ata vinte e tres muíños de auga que foron unidos por unha fantástica ruta etnográfica de 5,5 km que discorre pola beira deste río. Moitos deles atópanse reconstruídos no seu exterior e dous deles ata posúen a maquinaria para o seu funcionamento. Pasarelas, pontes, mesas, bancos e ata puntos de iluminación adornan esta ruta que na nosa visita presentaba un gran mantemento. Un bo punto para comezar é na Praza de Alfredo Romay Bicada xa que existe un bo aparcadoiro. Desde alí poderemos ir senda abaixo durante uns 200 metros ata a Fonte das Mulleres ou mellor cruzar a estrada que existe sobre unha ponte centenaria e seguir senda ar

Miradoiro de Samieira | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O miradoiro de Samieira localízase a 250 metros de altura no concello de Poio e na parroquia do mesmo nome. Xunto a el discorre a estrada EP -9214 que une o concello de Sanxenxo con Meis. Foi remodelado a finais de 2016 e desde el poderemos ver gran parte da Ría de Pontevedra coa Illa de Tambo , Marín, a cidade de Pontevedra, Bueu e parte do mesmo concello de Poio. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN