Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PANTÓN

Ermida da Barca | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Non é que a pequena ermida da Barca destaque particularmente pola súa arquitectura, nin sequera pola súa decoración, se non porque o seu emprazamento é único e impresionante. Localízase nun lugar especial pola confluencia de dous grandes vales, o do Cabe e do Sil, nunha zona profunda de grandes canóns naturais. Concretamente a unión da intersección dos ríos comprende as provincias de Ourense e Lugo e os concellos de Sober, Pantón e Nogueira de Ramuín. A ermida é sinxela e probablemente a súa orixe pérdese na antigüidade aínda que hoxe en día vexamos unha pequena construción rectangular de mampostería do século XVIII. O mesmo nome da Barca cóntanos que aquí existiu un importante paso en barca que unía as beiras destes ríos e cuxo orixe se remonta a tempos de esplendor do próximo mosteiro de Santo Estevo, pois un camiño real comunicaba ambas as beiras. No século XVII propúxose construír unha ponte pero o permiso foi denegado e as embarcacións seguiron sendo as protagonistas ata que no an