Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OZA-CESURAS

Fervenzas da Rexidoira | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Na parroquia de Filgueira de Barranca, concello de Oza-Cesuras, na Coruña, atópanse catro fervenzas do río Mendo, nunha contorna de bosque animado. Pertence á Reserva Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Chégase pola AC840 Oza-Cesuras a Curtis, ou á inversa. Desde o centro urbano de Oza-Cesuras, tomando dirección a Curtis, a un 15 km. (queda a tan só 2 km de Curtis), hai un indicador para coller un desvío á dereita, por estrada asfaltada, ata chegar a 1-2 km., ata a aldea da Rexidoira (lugar que dá nome ás fervenzas). Alí déixase o coche e iníciase o camiño, por ancha pista forestal para andar 100 metros ata chegar ao lugar de inicio do percorrido para ver as fervenzas no mesmo río Mandeo.   Fotos e texto de: Filgueira de Barranca al natural Á primeira accédese baixando unha pendente, con varanda de madeira. Impresiona o estrondo da auga ao golpear na súa caída, no medio da nada e o silencio. Só esta fervenza ten varanda. Á beira, un carreiro permítenos seguir baixando e apro