Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OROSO

Illa do Refuxio - Couto Sigüeiro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Área recreativa Illa do Refuxio A Gándara O río Tambre pasa pola poboación de Sigüeiro pero xusto antes de chegar ata a vila existe unha gran illa na súa canle denominada Illa do Refuxio. Sobre ela e sobre as dúas ribeiras do Tambre hai acondicionada unha boa área recreativa de 0´6 ha que dispón mesmo dunha pequena praia fluvial. Ademais conta con mesas, basureiros, grellas, fonte e zona de aparcadoiro. A área recreativa está dentro do coto pesqueiro de Coto Sigüeiro que conta con máis de 10 km e nel atópanse especies como troitas, cachos e bogas. A zona ademais enmárcase nun belo espazo natural onde predominan carballos, ameneiros, salgueiros e freixos. Pódese acceder á illa por medio dunhas pasarelas de cemento habilitadas para tal circunstancia desde as dúas beiras do río. Xunto ao río tamén poderemos ver o refuxio de pescadores de Coto Sigüeiro e unha presa tradicional para desvío da auga cuxa función descoñecemos. O concello de Oroso dispón de ata cinco áreas recreativas. Máis fot