Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OIA

O Pozo do Arco, fervenzas e muíños | GALICIA MÁXICA

Imaxe
No concello de Oia, na parroquia de Burgueira existe un fermoso recuncho da Serra da Groba formado polo río Tamuxe . Trátase da área coñecida como O Pozo de Arco e que está formada por un carreiro con pasarelas de madeira e unha ponte, varios muíños e unha magnífica fervenza , ademais das pozas formadas neste estreito e rochoso tramo de río. Outro lugar que sería unha marabilla se conservase algo do seu bosque autóctono. O río Tamuxe O río Tamuxe , ás veces denominado tamén como Carballas nace en Oia e fórmase recibindo a auga de varios pequenos regatos como o de Vilachán ou o de Margaridas que nacen entre A Serra da Groba e as estribacións ao norte da Serra do Argalo . Logo discorre encaixado por este municipio formando paraxes fabulosas como as Pozas de Loureza . Despois atravesa as parroquias do Rosal de Santa Mariña do Rosal e San Miguel de Tabagón onde desemboca no río Miño. As pasarelas e a ponte do Pozo do Arco No ano 2012 a c . m .v.

Castro e Área Arqueolóxica da Cabeciña | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A costa de Oia e as montañas adxacentes a esta, están cheas de vestixios dunha historia moi dilatada. Petróglifos, castros, emprazamentos medievais, mosteiros, son parte do patrimonio oculto desta costa. En Mougás, moi preto da costa, levántase en Barcelos un pequeno montículo de 142 metros desde o cal temos unhas fantásticas vistas do horizonte e sobre todo da costa sur da parroquia de Oia. Trátase dun lugar inmellorable para gozar dunha posta de sol atlántica. Isto xa o sabían hai máis de 3000 anos e así quixeron plasmalo sobre as pedras para a eternidade. É por iso que moi preto do cume existe un fantástico conxunto de petróglifos en forma de labirintos e círculos concéntricos e noutras rocas próximas tamén poderemos atoparnos diversas "coviñas" e cazoletas. Algúns centos de anos despois o lugar tamén foi un asentamento castrexo e posteriormente atalaia alto medieval defensiva. Tense coñecemento dun mapa do século XVII onde se sinaliza unha fortaleza co nome de Castelo de