Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O ROSAL

Lagar de Couso | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O Rosal e os concellos limítrofes manteñen unha gran relación e unha arraigada tradición vinícola moi antiga e por iso é moi fácil atopar elementos tradicionais dedicados ao mundo do viño. Na estrada que une a localidade do Rosal coa Guarda e a escasos metros do centro da primeira atoparemos unha mostra dun gran lagar dedicado á prensa da uva. Os lagares eran sistemas tradicionais empregados para o prensado da uva. Están xa documentados na Idade Media e non comezaron a súa decadencia ata finais do século XIX coa introdución das prensas verticais. Moitos deles eran de carácter comunal e do mesmo xeito que os muíños eran empregados por quendas entre os veciños. Debido á súa relativa complexidade e ao desembolso económico na súa construción moitos destes lagares pertencían moi a miúdo a grandes casas fidalgas e ao mesmo clero quen tiña recursos económicos fortes. Consiste nun depósito de pedra construído normalmente nunha adega de aproximadamente un metro de altur

Petróglifos de Ghorghalado | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O Rosal é atravesado por unha estreita banda de roca esquistosa que se estende desde este concello ata Monteferro, en Nigrán e cuxa antigüidade se vai ata o período Cámbrico e Silúrico a máis de 400 millóns de anos. Na parroquia das Eiras, no Rosal, existe un dos poucos gravados rupestres de Galicia realizados sobre este tipo de material esquistoso. Trátase dos petróglifos de Ghorghalado, cunha antigüidade de ao redor de 3000 anos e que forma o maior conxunto de petróglifos deste concello sobre unha mesma roca. Foron descubertos no ano 2012 por unha veciña do lugar (Palmira C. Vaqueiro) que se preocupou de que fosen coñecidos polas administracións competentes. Tres anos máis tarde o conxunto de gravados foi acondicionado, sinalizado e posto en valor. O motivo do seu descoñecemento era que estaban tapados por terra. Con todo estes debuxos xa tiñan que ser coñecidos con anterioridade pois o lugar era unha canteira e aínda poderemos ver restos de cortes e outros trazos que así o confirman