Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Museos

Museo Ramón María Aller | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Os afeccionados galegos á astronomía seguro que saben ben quen foi Ramón María Aller Ulloa. Trátase dun dos astrónomos e matemáticos máis destacados de Galicia. Naceu en Donramiro, Lalín, no ano 1878, e ademais das ciencias tamén foi sacerdote. En honra a este, o concello de Lalín dispón dun museo dedicado ao astrónomo e a dous fillos ilustres do municipio: Joaquín Loriga e Laxeiro. Sitúase no centro de Lalín, na rúa tamén dedicada ao astrónomo. No seu interior poderemos ver o mobiliario e o despacho de este e diversos instrumentos como antigos telescopios e numerosos libros. Ademais da zona dedicada ao matemático as salas albergan 37 obras de Laxeiro e varios obxectos do aviador Joaquín Loriga. O edificio do século XIX, que pertenceu ao mesmo Ramón Aller, conta cun patio e unha torre onde no ano 2010 foi instalado unha cúpula e un telescopio reflector de tipo Ritchey-Chrétien de 20 polgadas (50,8 cm) de diámetro. Enderezo: Rúa Ramón Aller, nº 9 Teléfono: 986 784004     Máis fotos aquí

Museo Galego das Marionetas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O Museo Galego da Marioneta é un lugar que non debiamos pasar por alto en Galicia Máxica xa que resulta un lugar único e unha referencia no curioso e artístico mundo das marionetas. Atópase dentro dos muros do espectacular Pazo de Liñares e dentro do espazo museístico Espazo Liñares e componse de dúas salas de exposicións e dunha das máis grandes bibliotecas privadas desta temática da Península. Este museo ten a súa orixe en 2001 pero non foi ata 2014 cando froito dun convenio entre o Concello de Lalín e a compañía Viravolta Monicreques foi acollido entre os muros de pazo de Liñares. Non só para os amantes das marionetas e para a amantes da arte é unha cita imprescindible pois estas figuras deixan de ser simplemente bonecos para converterse en pura arte, arte que se reflicte nos detalles, nos seus xestos, nos seus fíos que parecen devolver a vida a estas marionetas. Ademais da exposición permanente o museo acolle mostras temporais. Para saber máis: https://museodamarioneta.wordpress.c

Pazo de Liñares | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Lalín esconde varias mostras de pazos señoriales que demostran o pasado nobiliar desta comarca que foi habitada por grandes liñaxes e personaxes ilustres de gran relevancia. Un destes pazos se situa en San Martiño de Prado, moi preto do trazado denominado Camiño Sueste ou Mozárabe que se trata da continuación por terras galegas da coñecida Vía da Prata. Moi preto de aquí confluían o Camiño de Inverno, que chegaba desde Ponferrada evitando o duro trazado invernal que circulaba por O Cebreiro, e o antes nomeado Camiño Sueste que proviña de Dozón. A continuación dirixíase a Silleda polo fermoso Ponte Taboada. A boa comunicación que proporcionaban estes camiños foron aproveitados para a construción do Pazo de Liñares a finais do século XVII. Así se construíu un majestuoso pazo barroco que albergaría a familia dos Taboada, sendo fundado por Álvaro Núñez Taboada. Con todo xa temos noticias da propiedade dos Taboada a principios do século XVI cando se nomea o "Casal e Torre

Museo do Mel - O Enredo do Abelleiro | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Máis fotos aquí) O Enredo do Abelleiro - Museo Vivente do Mel Por debaixo do noiro que forma a presa do Encoro de Portodemouros, na parte de Arzúa, sitúase un fantástico museo vivente onde gozarás in situ da vida e obra dun dos insectos máis importantes para o desenvolvemento normal do ecosistema onde vivimos. É o MuseoVivente do Mel, ou Enredo do Abelleiro. Coñecer o mel é tamén coñecer a nosa historia. Un dos produtos que foi utilizado dende a prehistoria ata o noso días, en diferentes localizacións, por diferentes culturas e ao longo dos séculos. Xa nomeada na Biblia e no Corán, foi sempre valorada como un rico manxar, tanto polo padal coma polas súas propiedades curativas, xa que é grazas a ela que a forza, a lonxevidade e a cura de moitas enfermidades é posible. O que está claro é que demostrada é a súa naturalidade e o creamos ou non, algo que sae da trasformación do pole da flor ten que ser bo, si ou si. Ben é certo que estes insectos himenópteros nunca tiveron boa fama e xa os