Casal de Chedas | GALICIA MÁXICA
A conca do Deza forma vales que aínda hoxe permanecen perdidos e ocultos ás miradas de moitos de nós. O seu relevo e a súa natureza forman lugares de especial beleza repletos de restos cheos de historia e tradición popular. No oculto val de Chedas, nos Montes do Testeiro, existe un casal solitario habitado que se conta que hai séculos foi centro de aprendizaxe de diversas artes dos veciños monxes do mosteiro de Aciveiro. Trátase dun conxunto de edificacións de diversas épocas e moi reformado que conta con capela, hórreo, vivenda, algún alpendre e un gran adro central ao cal lle chega unha canle de auga que recolle as augas dun regacho próximo. Diversas pedras dan conta do seu pasado afastado como unha xanela de arco conopial flanqueado por dous rostros gravados que ben podería ter máis de 500 anos e remontarse ao gótico tardío. Diversas pezas dentro do casal contan con inscricións dun pasado incerto xa que se di que esta edificación foi construída cos restos dun convento que se localiz