Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Montes

Monte de San Pedro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Batería de costa C-8 - Batería do Monte de San Pedro Outro dos numerosos puntos defensivos estratéxicos militares de Galicia foi o Monte de San Pedro, situado moi preto da cidade da Coruña. Neste monte sobre a costa de 139 metros de altura mantívose activo un cuartel militar de principios de século destinado á defensa do Golfo Ártabro ata os anos 70 do século XX. O punto defensivo estaba provisto de dous xigantescos canóns modelo Vickers Armstrong construídos no ano 1928 cuxo alcance roldaba os 40 quilómetros e a súa munición pesaba máis de 800 quilos. Aínda así, os seus 17 metros de lonxitude e a súa calibre de 381 mm non impedían unha frecuencia dun disparo por minuto. Estes canóns foron construídos por Barrow-in-Furness en Inglaterra e trasladados por mar ata o porto da Coruña. Unha vez alí non houbo máis remedio que usar un sistema de raíles desmontables e a unha velocidade de 200 metros por día levalos ata a cima do monte. A parte destas dúas pezas de artillería o cuartel posuía b

Telescopio do Monte Coirego e Campo da Poza | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Carballedo O Monte Coirego inclúe unha serie de lomas que se levantan máis de 700 metros de altura sobre o nivel do mar. A súa situación afastado da costa e lonxe de grandes núcleos urbanos fano un lugar inmellorable para a observación das estrelas e para achegarse e estar en comuñón co universo. A Asociación Astronómica Sirio impulsou un proxecto para a construción dun observatorio astronómico neste lugar no 2008. Para iso contaron co apoio da Asociación Cultural e Medioambiental Canón de Pau e grazas á cesión do terreo por parte da Asociación de Montes de Carballedo por 25 anos e o financiamento de Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 o proxecto fíxose realidade. Para iso construíse un habitáculo cadrado cunha cúpula de catro metros nun lugar denominado Campo da Poza. Dentro instalouse un telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro e uns prismáticos xigantes así como diversos equipos informáticos. A construción foi deseñada polos arqui

Monte do Faro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Capela de Nossa Senhora do Faro Ganfei O Monte do Faro localízase moi preto da localidade de Valença e levántase ata os 566 metros converténdose no punto máis alto dos arredores. A súa cima serve como punto de comunicacións e son varias as antenas instaladas sobre el. Uns metros máis abaixo atópase a Capela de Nossa Senhora do Faro que celebra a súa romaría o 15 de Agosto. Xunto a ela un restaurante aproveitou os restos dunhas antigas instalacións de romeus e toda a zona foi convertida nunha gran área recreativa con mesas e unha fonte dedicada a Sto Antonio de 1939. En canto á igrexa é de principios do século XVIII, concretamente do ano 1707 e foi fundada polos monxes benedictinos do Mosteiro de Ganfei. Foi abandonada en 1834 e pouco despois recuperada de novo. Xunto á igrexa existe un castiñeiro centenario que seguramente viu nacer esta capela. Este atrio ten as súas laxas repletas de inscricións que ao noso parecer serían de principios do século XX. Non temos constancia dunha ocupaci