Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lavadoiros

Ponte e Ermida de San Xosé | GALICIA MÁXICA

Imaxe
No lugar de Varóns, en Filgueira, atópase un fermoso conxunto arquitectónico tradicional composto por unha ponte, unha capela, un lavadoiro, unha fonte, un cruceiro e os restos de varios muíños. Este pequeno recuncho onde predomina a vexetación autóctona de ribeira está formado polo río San Xosé que nace nos Montes de Moeiras. O seu pequeno curso esténdese apenas 2 quilómetros e en Filgueira entrega as súas augas ao Miño. O lugar está acondicionado como área recreativa e para iso contamos con mesas e papeleiras. Agora imos identificar cada un dos elementos que forman este fantástico conxunto. Empezamos pola ponte de pedra que o cruza e que dá acceso á capela. Denomínase igual que o río e a súa antigüidade remóntase ao século XVIII. Ten un arco de medio punto lixeiramente apuntado. De rasante recta aínda mantén os pretiles e a calzada e está realizada nunha boa cantería e sillares de boa factura. Cruzando a ponte temos acceso á sinxela capela de San Xosé, do século XIX. Trátase dunha er