Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lagoas

Lagoa das Pontes | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Máis fotos aquí) A empresa Endesa explotou o complexo mineral de As pontes durante máis de 30 anos. O lignito era o prezado mineral para poder dar vida á central térmica de As Pontes. Para iso creouse unha mina a ceo aberto polo que se realizou un gran burato de máis de 200 m de profundidade, unha extensión de 811 ha. A extracción do mineral ademais propiciou a formación dunha grande entulleira. O motivo principal é que tristemente saía máis rendible exportar o mineral do estranxeiro dende centos de quilómetros que extraelo a 500 m. A partir do ano 1985 comézase a recuperar a entulleira e os primeiros plans para a recuperación do gran "burato". Decidiuse a creación dun gran lago mediante as chuvias o que conduciría a unha enchedura que duraría 20 anos. Non obstante preparouse outro plan desviando algún pequeno regueiro e creando unha canle para traer auga do Eume. En pouco máis de catro anos conseguiuse a enchedura que culminou na primavera do 2012, creando así o maior lago