Igrexa de San Martiño de Lalín de Arriba | GALICIA MÁXICA
Lalín de Arriba (San Martiño) é unha das máis de cincuenta parroquias que o concello de Lalín conta dentro dos seus límites. Localízase xunto ao núcleo urbano da vila e a súa igrexa monacal é considerada un das orixes de Lalín. Hoxe en día consérvase unha igrexa con grandes trazos románicos cuxo orixe se remonta ao século X. Dita igrexa pertencía a un mosteiro benedictino fundado polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez cara ao último cuarto do século X. Tratábase dun mosteiro mixto con abade e abadesa. Nun documento do ano 1019 menciónase a existencia dunha igrexa prerrománica e fálase da presencia dunha reliquia de San Martiño, a cal daría gran categoría a este cenobio que atraería a numerosos fieis. Lalín xurdiría a par do mosteiro para dar servizo a leste. O cenobio servía para dar acubillo e alimento aos peregrinos que se achegaban polo hoxe chamado Camiño do Inverno, que proviña de Rodeiro e que se dirixía a Santiago. Na mesma idade media o mosteiro de San Martiño xa deixou de existi