Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta GALICIA

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O Foxo do Lobo de Laxoso ou a Lobeira de Laxoso é unha trampa centenaria para a caza do lobo da que aínda hoxe poderemos ver os restos en Ponte Caldelas practicamente no val do río Verdugo. Os muros de leste de Laxoso son en forma de "V", a máis habitual en Galicia e os seus muros na súa orixe alcanzaban os tres metros de alto e case un metro de anchura.  A estrutura tiña ao redor de catrocentos metros de cachotería acabados no vértice en forma dun foso circular dun diamétro de 4,8 metros e unha profundidade de preto dos tres metros. O Foxo do Lobo de Laxoso foi parcialmente rehabilitado, sinalizado e posto en valor no ano 2017. Poderemos apreciar a estrutura do foso circular e parte dos muros de pedra seca que converxen nel, aínda que no momento da nosa visita os fentos cubrían gran parte deles. Lembremos que para a caza do lobo xuntábanse os veciños e cun gran alboroto e provistos de  bisarmas (especie e lanza rematada cun gancho) escorrentaban ao lobo

Un achegamente ao mundo dos muíños fariñeiros de Galicia

Imaxe
Falar de muíños fariñeiros é falar dunha das construcións populares máis emblemáticas de Galicia xa que o seu uso foi clave para o desenvolvemento da economía de subsistencia no rural desde hai moitos séculos. Ademais de moer cereais, os muíños desenvolveron unha cultura popular ao redor deles enriquecendo o noso folclore enormemente. Eran lugares de reunión de interminables xornadas e esperas, lugares de acubillo e refuxio, lugares de duro traballo, agocho para amores secretos... Non en balde o muíño era considerado unha peza crave e por iso respectado por todos os membros dunha comunidade. O muíño emprégase desde hai séculos, tanto que a súa orixe pérdese na historia da humanidade e o uso das ferramentas. En Galicia temos as primeiras manifestacións no neolítico en forma de muíños naviculares fixos e portátiles, para despois chegar o muíño circular de dúas pezas que tamén era movido a man. Este último foi o xerme dos muíños fariñeiros de auga, pois o seu funcionamento era o mes

Pedrafita - Marco da Anta | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Cotobade, agora Cerdedo-Cotobade, alberga multitude de restos e vestixios dunha época moi remota , como poden ser mámoas, petróglifos ou castros. A súa variedade patrimonial é tan grande que poucos municipios teñen a sorte de contar nas súas terras con tantos bens e iso sen contar a súa espectacular variedade patrimonial de épocas máis recentes como posibles restos romanos, medievais, pazos, muíños, pontes, pontellas , etc... O caso que nos ocupa é unha posible pedrafita , pedra fincada, aínda que a súa orixe non é moi certa. Localízase e fai de marco divisorio das parroquias de Santa María de Sacos e San Miguel de Carballedo, nun lugar de Monte Arcela , moi preto de Trabazo , nun antigo paso que unía os vales do Lérez e o Almofrei . Cando pasamos por este lugar detivémonos inmediatamente xa que esta pedra chamounos poderosamente a atención. Non dispoñiamos de información para poder especular sobre se era un posible menhir, aínda que as cruces gravadas, a

Muíño de Rañe | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Escondido e abandonado a beiras do río Tea se mal conservan os restos dun gran muíño que nun pasado non moi afastado debeu ter unha gran actividade e trasfega. Localízase na parroquia de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra de Miño, a escasos metros do límite municipal divisorio de Ponteareas. Como moitos lugares localizámolo por casualidade, percorrendo a senda do río Tea que une Ponteareas con Salvaterra de Miño. Non localizamos ningunha información sobre el nin no momento a ninguén que nos achegase algunha aclaración, polo que pedimos que se alguén nos puidese achegar datos serían recibidos con gran satisfacción. Nin sequera sabemos o seu nome e por iso decidimos chamalo Muíño de Rañe pola súa localización a uns metros deste lugar da parroquia. A única nota é unha mención á derruida "acea" (presa) que vimos nomeada como "presa das Laxes ". Trátase dun gran edificio con aparencia de ter varias épocas construtivas. Desde unha basta cachotería de grand