Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Gótico

Igrexa de Nossa Senhora da Assunção | GALICIA MÁXICA

Imaxe
União das freguesias de Caminha (Matriz) e Vilarelho A igrexa parroquial de Caminha tamén coñecida como Igreja de Nossa Senhora da Assunção ou Igreja Matriz sitúase moi preto das beiras do Río Miño embebida actualmente polas murallas do século XVII da vila. Trátase dun templo de transición entre o gótico e o renacemento con transformacións barrocas. Englóbase nas igrexas manuelinas de tres naves con cobertura de madeira e cabeceira abovedada. Segue o esquema das igrexas mendicantes do gótico portugués. O elaborado teito de carpintaria, mudéjar, de "par e nó" e manuelino. Os azulexos son de finais do XVII e os retablos de talla dourada son de estilo nacional. A Capela do Rosário ten unha representación da Árbore de Jessé, con ramaxes diagonais asimétricas, figuras baixas e raíces de gran realismo. Os confesionarios tamén son manuelinos. Iníciase a súa construción no ano 1428, celebrándose a primeira misa en 1488. Con todo non se finalizaría ata uns anos despois, xa no seguinte

Igrexa parroquial de Monção | GALICIA MÁXICA

Imaxe
 Igreja de Santa Maria dos Anjos No interior da praza fortificada de Monção atópase a igrexa parroquial de orixe gótica. Ten planta lonxitudinal con varias dependencias como a sancristía encostadas ao norte e ao sur. Comézase a construír en 1308 e en 1521 engádese a Capela de São Sebastião. En 1641 constrúese a torre de tres corpos e anos máis tarde, en 1701, rehabilítase a igrexa integramente. Na súa fachada ábrese unha porta de arco de medio punto cunha fermosa decoración románica tardía. Aos lados existen dous óculos lobulados e sobre ela un gran rosetón. Vale a pena camiñar polas rúas contiguas e gozar da arquitectura civil desta vila.   Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN