Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Encoros

Azud de Vill | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Azud de Ivil Sorprendentemente un gran sinal de Gas Natural indica que estamos no Azud de Vill, nome que non entendemos moi ben e que supoñemos que se trata dunha errata aínda que con todo nos arquivos de Unión Fenosa denomínase así. O máis parecido a este nome é a aldea de Ivil que está moi cerquita. Durante a ditadura Unión Fenosa recibiu unha concesión para a explotación hidroeléctrica por cen anos da conca do Mao. Así construíu dous encoros e varias centrais na citada conca. O primeiro foi o encoro de Leboreiro , situado 1,5 km río arriba. Despois en 1978 acabouse o dos seus afluentes na zona de Edrada . Aquí en Ivil (Pradomao), entre os concellos de Parada de Sil e Montederramo existe un pequeno azud cuxa construción se remonta ao ano 1925. Durante a construción do de Leboreiro, concretamente no ano 1947, adecuouse a vella presa para a captación mediante unha canle de máis de 4 km que levaría as augas ata as turbinas da central eléctrica de Regueiro, a beiras do Sil. A canle adopt

Encoro de Edrada | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O encoro de Edrada atópase na conca do río Mao e construíuse en 1978 completando a rede de encoros desta. A súa presa de gravidade ten unha altura dos seus cimentos de 37 m e unha lonxitude total de coroación 345 metros alagando 42.5 km2 de val que comprende os concellos de Montederramo e Parada de Sil. A súa capacidade é de 10,49 hectómetros cúbicos. Para a construción da presa precisáronse 43.000 metros cúbicos de formigón. Trátase dunha presa de regulación que capta as augas de diversos arroios como o mesmo Edrada, o Reconco, Rodicio e algún outro regato máis. Moi preto deste localízase o encoro de Leboreiro e augas abaixo a pequena presa de Ivil. A mesma presa está creada para o paso de vehículos dunha beira a outra e é na zona de Pradomao onde existe unha praia fluvial. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Encoro de Eiras | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Eiras - Castro Barbudo Na década dos anos 70 do século pasado o gran crecemento poboacional e industrial da cidade de Vigo provocou que o caudal necesario para abastecer á cidade de auga fose insuficiente. A presa de Zamáns e as súas pequenas dimensións cuestionaron a necesidade de construír un novo encoro co único fin de abastecemento de auga potable á cidade e de paso a diferentes concellos das comarcas veciñas. Por iso decidiuse aproveitar a canle do río Oitavén, en Fornelos, para construír a presa de Eiras, obra que se finalizou no ano 1977. A extensión ocupada polo pantano esténdese ás 149 ha e ocupa parte dos concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas. A presa situada no primeiro concello nomeado ten unha altura de aproximadamente 40 metros e é completamente de formigón en forma de bóveda de dobre curvatura. Os seus muros poden reter ata 21,5 hm3 de auga. O pantano aproveita as augas provenientes sobre todo do río Oitaven pero tamén recibe a achega do río Parada e do Barra