Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DUMBRÍA

Fervenza de Ézaro | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Máis fotos aquí) Encontrámonos ante un lugar único na península. Un lugar que no pasado século XX o río Xallas vertía, impetuoso, as súas augas pola fascinante Fervenza de Ézaro. Todo un espectáculo da natureza. Quizais non sexa o único que desemboca sobre o mar en fervenza de Europa, xa que nas terras dos fermosos fiordes e en Escocia existen algún que outro regato que tamén o fai. Mesmo nas Illas Faeroe temos un caso similar. Pero todos eles, pequenos e ocasionais regatos. Podemos afirmar que, o Xallas, é o río de máis caudal que así o facía nun pasado.  Pero desgraciadamente, o que o facía único en Europa e en medio mundo era que a auga da súa canle caía pola fervenza ao mar só ocasionalmente e tan só cando a acción do home o desexaba. Tristemente o discorrer libre das súas augas foron truncados para sempre pola construción, a mediados do século pasado, dunha serie de encoros e saltos hidroeléctricos no curso fluvial do fermoso río Xallas. Debido á presión dalgunha organización con