Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca do Ribeiro

Santuario de Nosa Señora de Areas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Habería que profundar máis na procura de información sobre este santuario pois case non existe pegada dixital deste templo na rede e na páxina do concello de Cenlle tan só é nomeado brevemente. Tentaremos descubrir algo sobre a devoción e a orixe deste santuario. Sabemos que nos atopamos na antigamente chamada "Terra de Castela" un topónimo cuxo orixe se perde no segundo lustro da nosa era. Por iso non poderemos pensar en castelos medievais e por tanto habería que buscar a súa orixe noutro tipo de asentamentos, probablemente naqueles que os romanos denominaban "castellum", diminutivo de "castrum". Aquí poderedes saber algo máis sobre este topónimo: https://sites.google.com/site/frutosribeiro/castela E é concretamente un castro o que parece ser a orixe deste santuario barroco de Nosa Señora de Areas. O templo sitúase xunto a unha pequena lomba de 220 metros de altura desde o que divisaremos Ribadavia e o mesmo val do Avia. Esta lomba parece ser que albergou