Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca do Deza

Igrexa de San Martiño de Lalín de Arriba | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Lalín de Arriba (San Martiño) é unha das máis de cincuenta parroquias que o concello de Lalín conta dentro dos seus límites. Localízase xunto ao núcleo urbano da vila e a súa igrexa monacal é considerada un das orixes de Lalín. Hoxe en día consérvase unha igrexa con grandes trazos románicos cuxo orixe se remonta ao século X. Dita igrexa pertencía a un mosteiro benedictino fundado polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez cara ao último cuarto do século X. Tratábase dun mosteiro mixto con abade e abadesa. Nun documento do ano 1019 menciónase a existencia dunha igrexa prerrománica e fálase da presencia dunha reliquia de San Martiño, a cal daría gran categoría a este cenobio que atraería a numerosos fieis. Lalín xurdiría a par do mosteiro para dar servizo a leste. O cenobio servía para dar acubillo e alimento aos peregrinos que se achegaban polo hoxe chamado Camiño do Inverno, que proviña de Rodeiro e que se dirixía a Santiago. Na mesma idade media o mosteiro de San Martiño xa deixou de existi

Área Recreativa de Mouriscade | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O río Asneiro discorre sinuoso pola parroquia de Vilanova. Nun dos seus meandros aproveitouse a contorna natural existente para habilitar ao redor dun conxunto de muíños unha boa área recreativa. Ademais de dous muíños, o lugar conta con mesas e un alpendre para grellas. O muíño máis grande está aberto e rehabilitado con paneis informativos. Trátase dun muíño con dous grandes moas, de tipo dorna, polo que seguramente fose un muíño de maquía. As grandes proporcións das moas dannos contan dun pasado cheo de actividade xa que seguramente fosen moitos os veciños dos arredores que debían utilizar este muíño. Aínda que sen "moegas" unha das moas conta cunha "caixa de fariña" rehabilitada. Polas súas características podemos dicir que a actividade se mantivo ata ben entrado o século XX. Xunto ao muíño sitúase a "acea" e a canle que desvía a auga cara os rodicios, propio deste tipo de muíños de dorna. Xunto a esta área localízase o albergue Vicente Agulló, o Club H

Museo Ramón María Aller | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Os afeccionados galegos á astronomía seguro que saben ben quen foi Ramón María Aller Ulloa. Trátase dun dos astrónomos e matemáticos máis destacados de Galicia. Naceu en Donramiro, Lalín, no ano 1878, e ademais das ciencias tamén foi sacerdote. En honra a este, o concello de Lalín dispón dun museo dedicado ao astrónomo e a dous fillos ilustres do municipio: Joaquín Loriga e Laxeiro. Sitúase no centro de Lalín, na rúa tamén dedicada ao astrónomo. No seu interior poderemos ver o mobiliario e o despacho de este e diversos instrumentos como antigos telescopios e numerosos libros. Ademais da zona dedicada ao matemático as salas albergan 37 obras de Laxeiro e varios obxectos do aviador Joaquín Loriga. O edificio do século XIX, que pertenceu ao mesmo Ramón Aller, conta cun patio e unha torre onde no ano 2010 foi instalado unha cúpula e un telescopio reflector de tipo Ritchey-Chrétien de 20 polgadas (50,8 cm) de diámetro. Enderezo: Rúa Ramón Aller, nº 9 Teléfono: 986 784004     Máis fotos aquí

Casal de Chedas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A conca do Deza forma vales que aínda hoxe permanecen perdidos e ocultos ás miradas de moitos de nós. O seu relevo e a súa natureza forman lugares de especial beleza repletos de restos cheos de historia e tradición popular. No oculto val de Chedas, nos Montes do Testeiro, existe un casal solitario habitado que se conta que hai séculos foi centro de aprendizaxe de diversas artes dos veciños monxes do mosteiro de Aciveiro. Trátase dun conxunto de edificacións de diversas épocas e moi reformado que conta con capela, hórreo, vivenda, algún alpendre e un gran adro central ao cal lle chega unha canle de auga que recolle as augas dun regacho próximo. Diversas pedras dan conta do seu pasado afastado como unha xanela de arco conopial flanqueado por dous rostros gravados que ben podería ter máis de 500 anos e remontarse ao gótico tardío. Diversas pezas dentro do casal contan con inscricións dun pasado incerto xa que se di que esta edificación foi construída cos restos dun convento que se localiz

Alvariza de Acevedo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A introdución das ordes monásticas en Galicia trouxeron consigo unha importante e gran variedade de oficios e artes tradicionais que aceleraron os procesos artesanais e primitivos do campo galego. Desta forma apareceron novas técnicas para a produción de viño, de aceite, de mel ou mesmo para o aproveitamento da neve. Foron os monxes do próximo mosteiro de Aciveiro quenes introduciron a arte apícola nos Montes do Testeiro e neste caso na parroquia de Zobra. É por iso que estes montes e os de O Candán alberguen unha gran cantidade de alvarizas que nos seus tempos chegaron a producir importantísimas cantidades de mel e de cera que era aproveitada polos monxes para exvotos e velas. Pero as abellas tiñan os seus inimigos e o mel das colmeas era obxectivo da gran cantidade de osos que ata mediados do século XIX poboaban estes montes. Para protexelas dos golosos osos non houbo máis remedio que construír muros perimetrais de pedra que nalgúns chegaban a ter varios metros de altura. A beiras do

Souto de García Sánchez e Fraga do Rodo | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Outro dos numerosos bosques caducifolios que contén o concello de Lalín entre os seus límites son as Fraga de Rodo e o Souto de García Sánchez que practicamente forman un mesmo paraxe natural. No souto (bosque de castiñeiros), atopamos unha plantación en liñas de castiñeiros xa centenarios que era parte da familia García Sánchez. A súa función, do mesmo xeito que o Souto de Quintela en Catasós, era proporcionar madeiras nobres ás familias posuidoras destas terras. Hoxe en día é unha gran área recreativa acondicionada con obras de Sergio Portela que foron reacollidas aquí despois de ser retiradas da Carballeira da Crespa. Existe unha gran mesa denominada "mesa parroquial" obra de Cesar Portela, pai do escultor nomeado, que mide 33 metros de longo por 3,5 de ancho e que foi realizada no ano 2001 e trasladada aquí en 2009. No centro do parque temos a denominada "A Fonte" cunha figura feminina de bronce cun pequeno estanque e rodeada de catro esculturas de fantasiosas f

Fragas de Catasós | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Mira diante de ti a sorte dos que foron; mira diante de ti a sorte dos que serán..   Quizais esta frase de Emilia Pardo Bazán, a cal escribiu parte da súa obra "Os Pazos de Ulloa" na veciña Casa de Quiroga, resuma un pouco o obxectivo de Galicia Máxica: o respecto ao noso patrimonio. E que mellor aplicada ao lugar que nos ocupa, pois este é un fiel exemplo e vivo representante do noso patrimonio natural; as Fragas de Catasós. A parroquia de Catasós contén un bo número de bosques caducifolios autóctonos repartidos pola súa xeografía formando máxicos enclaves que sobreviviron á demanda de recursos naturais que as sociedades do século XIX e XX devoraban para uso destes para numerosas finalidades. Exemplos destes son as fragas e soutos de Casas Vellas, Portocelo, A Pereira, Penelas, Quiroga, As Zancas, Cardiego ou Cerredo. No lugar de Quintela consérvase a denominada Carballeira ou Souto de Quiroga que está composta por castiñeiros e carballos centenarios. O seu nome de Quiroga r

Museo Galego das Marionetas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O Museo Galego da Marioneta é un lugar que non debiamos pasar por alto en Galicia Máxica xa que resulta un lugar único e unha referencia no curioso e artístico mundo das marionetas. Atópase dentro dos muros do espectacular Pazo de Liñares e dentro do espazo museístico Espazo Liñares e componse de dúas salas de exposicións e dunha das máis grandes bibliotecas privadas desta temática da Península. Este museo ten a súa orixe en 2001 pero non foi ata 2014 cando froito dun convenio entre o Concello de Lalín e a compañía Viravolta Monicreques foi acollido entre os muros de pazo de Liñares. Non só para os amantes das marionetas e para a amantes da arte é unha cita imprescindible pois estas figuras deixan de ser simplemente bonecos para converterse en pura arte, arte que se reflicte nos detalles, nos seus xestos, nos seus fíos que parecen devolver a vida a estas marionetas. Ademais da exposición permanente o museo acolle mostras temporais. Para saber máis: https://museodamarioneta.wordpress.c

Pazo de Liñares | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Lalín esconde varias mostras de pazos señoriales que demostran o pasado nobiliar desta comarca que foi habitada por grandes liñaxes e personaxes ilustres de gran relevancia. Un destes pazos se situa en San Martiño de Prado, moi preto do trazado denominado Camiño Sueste ou Mozárabe que se trata da continuación por terras galegas da coñecida Vía da Prata. Moi preto de aquí confluían o Camiño de Inverno, que chegaba desde Ponferrada evitando o duro trazado invernal que circulaba por O Cebreiro, e o antes nomeado Camiño Sueste que proviña de Dozón. A continuación dirixíase a Silleda polo fermoso Ponte Taboada. A boa comunicación que proporcionaban estes camiños foron aproveitados para a construción do Pazo de Liñares a finais do século XVII. Así se construíu un majestuoso pazo barroco que albergaría a familia dos Taboada, sendo fundado por Álvaro Núñez Taboada. Con todo xa temos noticias da propiedade dos Taboada a principios do século XVI cando se nomea o "Casal e Torre