Pazo da Peregrina | GALICIA MAXICA
(Máis fotos aquí) Ortoño No corazón do val da Amaía, existe unha vila que tivo un enorme crecemento no último século, por estar moi preto da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e encontrarse a medio camiño das praias de Noia e esta última cidade. Pero Bertamiráns sempre foi unha zona de paso importante, debido a que o Camiño de Santiago discorría por estes lares en dirección ao Cabo Fisterra. Ademáis aquí xuntábase o camiño que proviña de Negreira por Ponte Maceira, en dirección a Santiago e o de Padrón. O pazo (s. XVIII) sitúase no centro de Bertamiráns e forma parte dun conxunto axardinado creado para o desfrute dos cidadáns. Componse dunha capela, coñecida como da Peregrina onde se realizaban ata hai pouco misas parroquiais e dous edificios auxiliares onde se atopa a porta principal e unha fonte circular de pedra. O edificio principal presenta dunha balconada e a súa planta é rectangular, como a planta de moitos pazos galegos. A súa capela está dedicada ao antigo culto á Vi